dcsimg

Ulmus × hollandica ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O Ulmus × hollandica é un híbrido natural entre o olmo de montaña (Ulmus glabra) e o olmo mediterráneo (Ulmus minor) que habitualmente acontece por toda Europa alí onde as zonas de distribución das dúas especies emparentadas superpóñense. Tamén se ten plantado amplamente por todas as zonas temperadas[1] .[2][3]

En Galicia existen algúns exemplares senlleiros.

Descrición

As árbores e follas son amplamente intermedias entre as dúas especies.[4]

Pragas e enfermidades

Algún exemplares posúen unha moderada resistencia á grafiose.[5] Exemplos de superviventes maduros na zona de hibridación de Essex inclúen os olmos híbridos na presa do río Can, no extremo occidental do Admiral's Park, Chelmsford.

Cultivo

Introducido en América do Norte e Australasia, moitas árbores vellas aínda sobreviven en Nova Zelandia, en particular en Auckland, sendo considerado o mellor exemplar o que se atopa nas aforas do Ellerslie Racecourse.[6]

Árbores senlleiras en Galicia

O Ulmus hollandica do Pazo de Lourizán en Pontevedra e o conxunto destas árbores do Xardín de San Carlosda Coruña, figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Notas

  1. Bean, W. J. (1981). Trees and shrubs hardy in Great Britain, 7.ª edición. Murray, Londres.
  2. Elwes, H. J. & Henry, A. (1913). The Trees of Great Britain & Ireland. Vol. VII. pp 1848-1929. Private publication, Edimburgo.
  3. Richens, R. H. (1983). Elm. Cambridge University Press.
  4. Collin, E. (2001). Elm. In Teissier du Cros (Ed.) (2001) Forest Genetic Resources Management and Conservation. France as a case study. Ministerio de Agricultura y Pesca, Bureau of Genetic Resources. INRA DIC. Francia.
  5. Burdekin, D. A. & Rushforth, K. D. (Revisado por Webber J. F. 1996). Elms resistant to Dutch elm disease. Arboricultural Research Note 2/96. Arboricultural Advisory and Information Service, Alice Holt, Farnham, UK.
  6. Auckland Botanical Society (2003). Journal Vol. 58 (1), Xuño 2003. ISSN 0113-41332

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ulmus × hollandica: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O Ulmus × hollandica é un híbrido natural entre o olmo de montaña (Ulmus glabra) e o olmo mediterráneo (Ulmus minor) que habitualmente acontece por toda Europa alí onde as zonas de distribución das dúas especies emparentadas superpóñense. Tamén se ten plantado amplamente por todas as zonas temperadas .

En Galicia existen algúns exemplares senlleiros.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician