Bacteroides é un xénero de bacterias gramnegativas, con forma de bacilo. As especies de Bacteroides non forman esporas, son anaeróbicas, e hai especies móbiles e inmóbiles.[1] A composición de bases do seu ADN ten un contido GC do 40-48%. Bacteroides ten esfingolípidos nas súas membranas, o que é infrecuente nas bacterias. Tamén conteñen ácido meso-diaminopimélico na capa de peptidoglicano da súa parede celular.
As especies de Bacteroides son normalmente mutualistas, e constitúen a parte principal da flora intestinal dos mamíferos,[2] onde xogan un papel fundamental no procesamento de moléculas complexas noutras máis simples no intestino do hóspede.[3][4][5] Nas feces humanas informouse dunha cantidade de 1010-1011 células por gramo.[6] Aínda que poden utilizar azucres simples cando dispoñen deles, as principais fontes de enerxía para Bacteroides no intestino son os glicanos (polisacáridos) complexos derivados do hóspede ou de plantas.[7] Certos estudos indican que a dieta seguida a longo prazo está moi asociada coa composición da microbiota intestinal, de modo que os que comén moitas proteínas e graxas animais teñen predominantemente Bacteroides, mentres que nos que consomen máis carbohidratos predominan as Prevotella.[8]
Unha das especies do xénero máis importantes clinicalmente é Bacteroides fragilis.
Bacteroides melaninogenicus foi reclasificado recentemente e dividido en Prevotella melaninogenica e Prevotella intermedia.[9]
As especies de Bacteroides tamén benefician aos seus hóspedes ao impediren que patóxenos potenciais colonicen o intestino. Algunhas especies (B. fragilis, por exemplo) son patóxenos humanos oportunistas, que causan infeccións na cavidade peritoneal, con ocasión de cirurxía gastrointestinal, e apendicite por medio da formación de abscesos, inhibindo a fagocitose, e inactivando os antibióticos β-lactámicos.[10] Aínda que as especies de Bacteroides son anaeróbicas, son aerotolerantes e así poden sobrevivir na cavidade abdominal.
En xeral, os Bacteroides son resistentes a unha ampla gama de antibióticos β-lactámicos, aminoglicósidos, e recentemente moitas especies adquiriron resistencia á eritromicina e á tetraciclina. Este alto nivel de resistencia a antibióticos preocupa cada vez máis, porque Bacteroides pode converterse nun reservorio de xenes resistentes para outras cepas bacterianas moito máis patoxénicas.[11][12]
Suxeriuse o uso de Bacteroides como un indicador fecal alternativo aos coliformes, porque forma unha significativa porción da poboación fecal bacteriana,[1] ten un alto grao de especificidade de hóspede, reflicte as diferenzas do sistema dixestivo do animal hóspede,[13] e ten un potencial de crecemento pequeno para crecer no ambiente exterior.[14] Utilizáronse os métodos da reacción en cadea da polimerase en tempo real (qPCR) para detectar a presenza de varios microbios patóxenos amplificando as súas secuencias de ADN específicas en mostras ambientais sen cultivar as bacterias. Un destes estudos mediu a cantidade de Bacteroides utilizando a qPCR para cuantificar os marcadores xenéticos de ARNr 16S específicos do hóspede.[15] Esta técnica permite facer cuantificacións de marcadores xenéticos que son específicos do hóspede da bacteria e permite a detección de contaminacións recentes. Un informe recente encontrou que a temperatura xoga un papel moi importante na cantidade de tempo que esta bacteria persiste no ambiente, e que a súa lonxevidade se incrementaba coas temperaturas frías (0-4 °C).[16]
Bacteroides é un xénero de bacterias gramnegativas, con forma de bacilo. As especies de Bacteroides non forman esporas, son anaeróbicas, e hai especies móbiles e inmóbiles. A composición de bases do seu ADN ten un contido GC do 40-48%. Bacteroides ten esfingolípidos nas súas membranas, o que é infrecuente nas bacterias. Tamén conteñen ácido meso-diaminopimélico na capa de peptidoglicano da súa parede celular.
As especies de Bacteroides son normalmente mutualistas, e constitúen a parte principal da flora intestinal dos mamíferos, onde xogan un papel fundamental no procesamento de moléculas complexas noutras máis simples no intestino do hóspede. Nas feces humanas informouse dunha cantidade de 1010-1011 células por gramo. Aínda que poden utilizar azucres simples cando dispoñen deles, as principais fontes de enerxía para Bacteroides no intestino son os glicanos (polisacáridos) complexos derivados do hóspede ou de plantas. Certos estudos indican que a dieta seguida a longo prazo está moi asociada coa composición da microbiota intestinal, de modo que os que comén moitas proteínas e graxas animais teñen predominantemente Bacteroides, mentres que nos que consomen máis carbohidratos predominan as Prevotella.
Unha das especies do xénero máis importantes clinicalmente é Bacteroides fragilis.
Bacteroides melaninogenicus foi reclasificado recentemente e dividido en Prevotella melaninogenica e Prevotella intermedia.