Chaenocephalus aceratus é unha especie de peixe que pertence á familia Channichthyidae. Pertence ós Notothenioidei, unha suborde de peixes que representa o 90% da fauna de peixes da plataforma continental antártica.[1] Son unha familia de peixes única e os únicos vertebrados que carecen de hemoglobina, o cal fai que a súa capacidade de transportar osíxeno polo sangue é dun 10% respecto doutros teleósteos.[2] Teñen sangue traslúcido e galadas de cor branca leitosa.[3]
Chaenocephalus aceratus é unha especie de peixe que pertence á familia Channichthyidae. Pertence ós Notothenioidei, unha suborde de peixes que representa o 90% da fauna de peixes da plataforma continental antártica. Son unha familia de peixes única e os únicos vertebrados que carecen de hemoglobina, o cal fai que a súa capacidade de transportar osíxeno polo sangue é dun 10% respecto doutros teleósteos. Teñen sangue traslúcido e galadas de cor branca leitosa.