Paralichthodes algoensis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos, a única da subfamilia dos paralictodinos e máis do xénero Paralichthodes.[1][2][3]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de até 50 cm, que vive en fondos areosos e lamacentos en augas subtropicais, a profundidades de até 100 m, nas costas do sueste do Atlántico e o oeste do Índico, especialmente entre a Mossel Bay, Suráfrica e a baía de Delagoa, Mozambique.[4][5][6]
A poboación de Paralichthodes algoensis considérase relativamente abundante, e estábel, en toda a súa área de distribución.
Desde o ano 2010 a situación da especie está avaliada pola UICN como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución e á súa abundancia. E aínda que está sometida ás capturas por parte da industria pesqueira comercial, isto non se considera como unha grande ameaza para a conservación desta especie na actualidade. Porén, a comprobación continua dos seus niveis poboacionais é necesaria para garantir que, no futuro, non sexa necesrio incluíla nunha categoría de ameaza.[6]
Paralichthodes algoensis é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos, a única da subfamilia dos paralictodinos e máis do xénero Paralichthodes.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos ten o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Trátase dun peixe mariño, demersal, oceanódromo, de até 50 cm, que vive en fondos areosos e lamacentos en augas subtropicais, a profundidades de até 100 m, nas costas do sueste do Atlántico e o oeste do Índico, especialmente entre a Mossel Bay, Suráfrica e a baía de Delagoa, Mozambique.
A poboación de Paralichthodes algoensis considérase relativamente abundante, e estábel, en toda a súa área de distribución.
Desde o ano 2010 a situación da especie está avaliada pola UICN como LC (pouco preocupante) debido á súa ampla área de distribución e á súa abundancia. E aínda que está sometida ás capturas por parte da industria pesqueira comercial, isto non se considera como unha grande ameaza para a conservación desta especie na actualidade. Porén, a comprobación continua dos seus niveis poboacionais é necesaria para garantir que, no futuro, non sexa necesrio incluíla nunha categoría de ameaza.