Eopsetta é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos,[1] propios do océano Pacífico norte.[2][3]
Porén, algúns autores, como no ITIS, consideran que este xénero constitúe, por si só, a subfamilia dos eopsetinos (Eopsettinae).[4]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
O xénero foi descrito en 1885 polos naturalistas David Starr Jordan (estadounidense) e Philip Henry Gosse (inglés).[1]
O nome Eospsetta está formado pola raíz do latín científico eo- derivada do termo do grego antigo ἠώς eós, "alba", unido ao nome do xénero Psetta, derivado do grego antigo ψῆττα psḗtta, un peixe plano, quizais a solla ou o rodaballo (Psetta é un sinónimo de Scophthalmus, ao que pertence o rodaballo (Scophthalmus maximus = Psetta maxima). Literalmente: "os primeiros peixes planos".
Segundo o WoRMS, e case todas as bases de datos ictiolóxicas, o xénero compende tan só dúas especies:[1][5][6]
Porén, algúns autores admiten unha terceira, Eopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880), que a maioría dos autores non consideran válida, e a identifican con Lyopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880).[1]
Eopsetta é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos, propios do océano Pacífico norte.
Porén, algúns autores, como no ITIS, consideran que este xénero constitúe, por si só, a subfamilia dos eopsetinos (Eopsettinae).
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.