dcsimg

Glyptocephalus ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Glyptocephalus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos.[1] propios das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico.[2]

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía

O xénero foi descrito en 1854 polo botánico alemán Carl Moritz Gottsche.[1]

Etimoloxía

O nome Glyptocephalus deriva dos elementos do latín científico glypto- derivado do grego antigo γλύφειν glýphein, "tallar", "esculpir", "gravar" (aquí co significado de "escarvar"), e -cephalus, forma masculinizada derivada do grego κεφαλή kephalé, "cabeza".[3][4]

Sinónimo

Ao longo do tempo este xénero foi coñecido polo sinónimo Errex Jordan, 1919.[1]

Especies

Segundo o WoRMS, e FishBase o xénero compende tan só tres especies:[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Glyptocephalus Gottsche, 1835 no WoRMS,
  2. 2,0 2,1 Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Glyptocephalus en FishBase.
  3. Glyptocephalus cynoglossus en FishBase.
  4. Glyptocephalus Gottsche, 1835 en GBIF Backbone Taxonomy.
  5. 5,0 5,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., edit.: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, nº 50: pp. 357–374. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Glyptocephalus: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Glyptocephalus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos. propios das costas do norte dos océanos Atlántico e Pacífico.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician