A dos pandálidos (Pandalidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos que comprende numerosas especies de camaróns comestíbeis e de alto valor económico.
Caracterízanse por teren o carpo do segundo pereiópodo subdividido e, sobre todo, pola falta de pinzas no primeio pereiópodo.[3]
É unha familia propia das augas frías, e os seus representaneds en zonas tropicais viven en augas profundas.[3]
As súas diferentes especies, como as doutros camaróns, son relativamente abundantes nas augas salgadas e doces de todo o mundo, o cal os converte nun importante recurso pesqueiro e alimenticio. Practicamente, cada país ten receitas e formas particulares para preparar e consumir estes crustáceos.
A máis importante especie comercial de camarón é Pandalus borealis,[4] seguida de Crangon crangon, camarón da familia dos crangónidos.[5]
As capturas de P. borealis salvaxe son na actualidade unhas dez veces maiores que as de C. crangon. En 1950 a posición era ao revés, xa que as capturas de C. crangon foron unhas dez veces superiores ás de P. borealis.[6]
En 2010 a produción global en acuicultura de todas as especies de camaróns e lagostinos (3,5 millóns de toneladas) superou lixeramente ás capturas mundiais de especies salvaxes (3,2 millóns de toneladas).[6]
A familia foi descrita en 1815 polo carcinólogo británico Adrian Hardy Haworth en: Haworth, A. H. (1825): "A new binary arrangement of the macrurous Crustacea" The Philosophical Magazine and Journal 65: 183-184.[7]
Non hai unanimidade na comunidade científica sobre os xéneros que comprende a familia.
Segundo De Grave et al. (2009) serían:[8]
Pero o SIIT só recoñece (outubro de 2013) os seguintes:[2]
A dos pandálidos (Pandalidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos que comprende numerosas especies de camaróns comestíbeis e de alto valor económico.
Caracterízanse por teren o carpo do segundo pereiópodo subdividido e, sobre todo, pola falta de pinzas no primeio pereiópodo.
É unha familia propia das augas frías, e os seus representaneds en zonas tropicais viven en augas profundas.
As súas diferentes especies, como as doutros camaróns, son relativamente abundantes nas augas salgadas e doces de todo o mundo, o cal os converte nun importante recurso pesqueiro e alimenticio. Practicamente, cada país ten receitas e formas particulares para preparar e consumir estes crustáceos.
A máis importante especie comercial de camarón é Pandalus borealis, seguida de Crangon crangon, camarón da familia dos crangónidos.
As capturas de P. borealis salvaxe son na actualidade unhas dez veces maiores que as de C. crangon. En 1950 a posición era ao revés, xa que as capturas de C. crangon foron unhas dez veces superiores ás de P. borealis.
En 2010 a produción global en acuicultura de todas as especies de camaróns e lagostinos (3,5 millóns de toneladas) superou lixeramente ás capturas mundiais de especies salvaxes (3,2 millóns de toneladas).