A dos pectínidos (Pectinida) é unha orde de moluscos bivalvos,[2] da subclase dos pteriomorfios.[3]
Comprende numerosas especies mariñas de tamaño de mediano a grande, vulgarmente coñecidas como vieiras e outras similares.
Crese que comezaron a súa evolución no ordovícico medio tardío; moitas especies, por suposto, seguen vivindo na actualidade.[4]
A orde foi descrita en 1854 polo naturalista inglés John Edward Gray.[3]
As familias dos Pectinida foron durante moito tempo integradas na orde dos ostreoides (Ostreoida), que comprende as ostras. Pero, en 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a orde Pectinida Gray, 1854.[5]
Segundo o WoRMS, o orde comprende as seguintes superfamilias:[3]
Trátase de bivalvos de cuncha semicircular, xeralmente decorada con costelas radiais (que algunhas veces desenvolven espiñas, especialmente na familia dos espondílidos (Spondylidae).
En xeral, unha valva, a inferior, é case plana, e a outra, a superior, máis avultada.
O manto (ás veces moi vistoso) está bordeado, ao longo da súa apertura, por unha serie de ollos bastante sofisticados, que permiten a moitas especies con capacidade de movemento (como as do xénero Pecten) movérense cara a un lugar seguro ou fuxiren dunha ameaza.
Como a maioría dos bivalvos, estes animais aliméntanse filtrando a auga de mar a través de órganos especializados, da que extraen o plancto, que dirixen cara aos seus estómagos.
Algunhas especies son explotadas comercialmente (e son moi aprezadas gastronomicamente), como as vieiras (Pecten maximus) e outras especies do seu xénero, como Pecten jacobaeus.
A dos pectínidos (Pectinida) é unha orde de moluscos bivalvos, da subclase dos pteriomorfios.
Comprende numerosas especies mariñas de tamaño de mediano a grande, vulgarmente coñecidas como vieiras e outras similares.
Crese que comezaron a súa evolución no ordovícico medio tardío; moitas especies, por suposto, seguen vivindo na actualidade.