Otidiphaps nobilis, coñecida na bibliografía internacional como pomba faisán, é unha especie de ave, endémica de Nova Guinea, pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, e da súa única familia dos colúmbidos, e tamén a única da subfamilia dos otidifabinos, así como a única representante do único xénero desta, Otidiphaps.[2]
Trátase dunha gran pomba terrestre, que se asemella a un faisán na súa morfoloxía externa, particularmente na súa cola comprimida lateralmente e as ás arredondadas, ao que alude o seu nome vulgar. Como non hai ninguna ave galiforme en Nova Guinea, a pomba faisán ocupa o nicho ecolóxico das perdices ou dos pequenos faisáns, mentres que a súa parente, a pomba coroada (Goura cristata), ten un estilo de vida semellante ao dos faisáns máis grandes, pitas do monte ou os pavos.
É unha especie moi silenciosa que se alimenta de sementes e froitos caídos. Aniña no chan baixo árbores e arbustos, poñendo no niño un único ovo que choca durante aproximadamente catro semanas.
O seu hábitat son as selvas chuviosas de Nova Guinea e as illas adxacentes. Pódese atopar en outeiros e áreas montañosas baixas, pero tamén nas terras baixas. Atópase en Indonesia e Papúa Nova Guinea, onde se encontra en Batanta e Waigeo e nas montañas do oeste de Nova Guinea ao leste de Nassau e Oranje Ranges, desde o nivel do mar até os 2 050 m de altura.[3][4]
Tamto o xénero como a especie foron descritos en 1870 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould, na páxina 62 da súa obra The Annals and magazine of natural history; inluding zoology, botany, and geology.
O nome científico do xénero fai referencia ás súas similitudes coa familia das avetardas (Otididae). Concretamente, o nome Otidiphaps esta formado polos elementos do latín científico otid- e -phaps (ambos tirados do grego antigo, e unidos por un -i- epentético para faciliar a pronuncia). O primeiro elemento está tirado da raíz do xen itivo do nome ὠτίς ōtís, 'abetarda'; e o segundo, de φάψ pháps, 'pomba salvaxe'.[5]
O nome común reflixte a súa adaptación a manterse no solo do bosque como un faisán asiático oriental, ao que se parece.
Segundo o ITIS e a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional, a especie comprende as seguintes catro subespecies:[2][6]
O tamaño da poboación global de Otidiphaps nobilis non foi cuantificado, pero a especie descríbese a miúdo como bastante común en zonas montañosas, aínda que localmente escasa nalgures.[4]
Sospéitase que a poboación está diminuíndo lentamente debido á deforestación do seu hábitat forestal primario, pero a taxa de declive non foi cuantificada.[1]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a especie ten unha área de distribución moi grande e que, polo tanto, non se achega aos limiares do criterio de tamaño vulnerábel, e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación non foi cuantificado, pero non se cre que se achegue aos limiares para o criterio de tamaño da poboación vulnerábel. Por estas razóns a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]
Otidiphaps nobilis, coñecida na bibliografía internacional como pomba faisán, é unha especie de ave, endémica de Nova Guinea, pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, e da súa única familia dos colúmbidos, e tamén a única da subfamilia dos otidifabinos, así como a única representante do único xénero desta, Otidiphaps.