dcsimg

Pelecanus philippensis ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Pelecanus philippensis é unha especie de aves do xénero dos pelicanos. Reprodúcese no sur de Asia desde o sur de Paquistán a través da India cara ao leste ata Indonesia. Vive en zonas de augas continentais estensas e na costa, especialmente en lagos grandes. Visto a certa distancia é difícil de diferenciar doutros pelicanos da rexión, aínda que é máis pequeno, pero visto máis de cerca son distintivas as manchas na súa mandíbula superior, a ausencia de cores brillantes e a súa plumaxe máis cincenta. Nalgunhas áreas estas aves aniñan en grandes colonias preto de lugares habitados polos humanos.

Descrición

 src=
Adulto e inmaduros no niño.

Esta especie é unha ave grande, pero relativamente pequena entre os pelicanos. Mide de longo entre 125 e 152 cm e pesa entre 4,1 u 6 kg. É principalmente branca, ten unha crista cincenta na caluga e por detrás do pescozo de plumas rizadas, e unha cola parda. A bolsa é de rosa a púrpura e ten grandes manchas claras, e ten tamén un punteado de manchas na parte lateral da mandíbula superior. O extremo do peteiro é amarelo ou laranxa. Na plumaxe reprodutora, a pel da base do peteiro é escura e a mancha orbital é rosa. En voo non parece moi diferente do pelicano crespo, pero as pluma rémixes terciarias e as secundarias internas son máis escuras e presenta bandas claras que corren ao longo das cobertoiras máis grandes. A cola é redonda.[2]

As crías acabadas de eclosionar están cubertas de penuxe branca, que mudan substituíndoa por plumas de cor cincenta con pintas. As manchas do peteiro non aparecen ata que teñen un ano. A plumaxe reprodutora adulta aparece ao terceiro ano.[3]

Hábitat, distribución e status

 src=
Bandada voando en formación.

Esta especie só se reproduce na India, Sri Lanka e Camboxa. Sábese que algúns individuos procedentes da India pasan o inverno nas chairas do Ganxes, pero os informes da súa presenza noutras partes da rexión como Maldivas, Paquistán e Bangladesh foron cuestionados.[2] O seu principal hábitat son as zonas con augas doces pouco profundas de terras baixas. Non é unha especie migratoria, pero fan desprazamentos locais e están máis amplamente distribuídos na tempada non reprodutora.

 src=
Aniñando xunto cos cicónidos Mycteria leucocephala

Reprodúcese en colonias, e con frecuencia en compañía doutras aves acuáticas. Fan os niños en árbores baixas preto das zonas húmidas e ás veces preto de casas humanas. Rexistráronse historicamente moitas grandes colonias reprodutoras, pero varias desapareceron co tempo. En xuño de 1906, C E Rhenius visitou unha colonia en Kundakulam no distrito de Tirunelveli, onde nas vilas se consideraba a estas aves como sagradas.[4] Amesma colonia foi revisitada en 1944, e só había 10 niños de pelicanos e uns 200 niños do cicónido Mycteria leucocephala.[5]

O río Sittang de Birmania segundo E W Oates albergaba "millóns" de pelicanos en 1877, e en 1929 E C Stuart Baker informou de que aínda aniñaban alí miles deles, xunto con Mycteria leucocephala: [6] Porén, B E Smythies informou que esta colonia desaparecera entre as décadas de 1930 e 1940.[7]

Outra colonia descubriuse en 1902 nunha vila chamada Buchupalle no distrito de Cudappah, onde estes pelicanos aniñaban tamén xunto con M. leucocephala durante o mes de marzo.[8] Esta colonia desapareceu de vez.[7] A colonia do lago Kolleru descubriuna K K Neelakantan en 1946 e nela aniñaban case 3000 pelicanos daquela.[7][9] Esta colonia tamén desapareceu arredor de 1975.[10][11][12]

Debido á perda doseu hábitat e as molestias causadas polos humanos, o número dos P. philippensis diminuíu significativamente e moitas poboacións do sueste de Asia están agora extintas.[13] O nome científico da especie fai referencia ás Filipinas, onde a especie era abundante ata aproximadamente o ano 1900,[3] pero declinou e extinguise localmente na década de 1960.[14] Porén, crese que as poboacións do sur da India están aumentando.[15] As estimacións suxiren que o incremento da protección de que gozan nos últimos tempos permitiu a recuperación das poboacións e o status da especie cambiouse de vulnerable a case ameazada en Lista vermella da IUCN en 2007.[1]

Comportamento e ecoloxía

 src=
Aniñando en plataformas artificiais en Uppalapadu, Andhra Pradesh.

Son aves moi silenciosas cando están nos seus niños, aínda que no niño poden chifrar, gruñir ou facer ruído pechando de golpe os seus peteiros.[2] Algunhas das primeiras descricións das colonias de nidación afirmaban que as colonias en conxunto distinguíanse por ser silenciosas, pero a maioría considera hoxe que as colonias son ruidosas.[7][16]

Como a maioría dos demais pelicanos, captura peixes coa súa enorme bolsa do peteiro mentres nada pola superficie. A diferenza do pelicano crespo non forma grandes bandadas para alimentarse e xeralmente pesca en solitario ou en pequenas bandadas. Porén, os grupos poden por veces colocarse aliñadas e dirixir xuntos os peixes cara a zonas pouco fondas. Cando voan desde as zonas onde descansan ás zonas de alimentación, voan en formación en pequenos grupos cun aleteo constante. Durante o período cálido do día, a miúdo planan aproveitando as correntes térmicas.[17] Poden alimentarse en parte de noite.[18]

Aniñan en colonias e o niño é unha plataforma grosa de ramiñas situada nunha árbore baixa. A estación reprodutora varía de outubro a maio.[2] En Tamil Nadu, a tempada de apareamento empeza co comezo do monzón do noroeste. A exhibición de cortexo do macho consiste na distensión da bolsa con movementos balanceantes da cabeza arriba e abaixo seguidos de balanceos laterais, e despois botan a cabeza para atrás colocándoa sobre as costas. Poden producir repenicos co peteiro durante estes movementos coa cabeza.[19][20] Os niños constrúense normalmente xunto cos doutras aves coloniais, especialmente de M. leucocephala. A súa posta normal é de tres a catro ovos brancos. Os ovos líxanse co tempo.[17] Os ovos eclosionan en de 30 a 33 días. As crías permanecen nos niños ou preto deles de tres a cinco meses.[19][21] En catividade as crías poden reproducirse aos dous anos.[22] Igual que outros pelicanos, refréscanse por medio da vibración da súa bolsa e arfando.[23]

Na cultura

Os pescadores de certas partes de Bengala oriental usaban antes esta especie para atraer a certos peixes, xa que crían que unha secreción aceitosa da ave atraía a peixes como os Colisa e Anabas.[24]

A tendencia destas aves a aniñar preto de poboacións humanas xa foi indicada no século XIX por T C Jerdon:

Visitei unha colonia de pelicanos no Carnático, onde os pelicanos construían (desde tempo inmemorial segundo me dixeron) os seus rudos niños, en árbores bastante baixas no medio da vila, e parecía importarlles pouco a estreita e constante proximidade dos seres humanos.
Jerdon, 1864[24]

Desde entón descubríronse outras colonias en vilas e, aínda que algunhas delas desapareceron, outras foron protexidas e unhas poucas vilas que conservan colonias de nidación convertéronse en atraccións turísticas populares. Entre estas vilas están Kokrebellur, Koothankulam e Uppalapadu.[11][25]

Notas

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2012). "Pelecanus philippensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Rasmussen, PC & JC Anderton (2005). Birds of South Asia: The Ripley Guide. Volume 2. Smithsonian Institution & Lynx Edicions. p. 49.
  3. 3,0 3,1 McGregor, R C (1909). A manual of Philippine birds. Part 1. Bureau of Printing, Manila. pp. 208–210.
  4. Rhenius, CE (1907). "Pelicans breeding in India". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 17 (3): 806–807.
  5. Webb-Peploe, CG (1945). "Notes on a few birds from the South of the Tinnevelly District". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 45 (3): 425–426.
  6. Hume, AO (1890). The nests and eggs of Indian birds. Volume 3. R H Porter. p. 297. [1]
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Gee,EP (1960). "The breeding of the Grey or Spottedbilled Pelican Pelecanus philippensis (Gmelin)". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 57 (2): 245–251.
  8. Campbell,WH (1902). "Nesting of the Grey Pelican Pelecanus philippensis in the Cuddapah District, Madras Presidency". J. Bombay Nat. Hist. Soc. (2): 401.
  9. Neelakantan, KK (1949). "A South Indian pelicanry". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 48 (4): 656–666.
  10. Guttikar, S. N. (1978). "Lost pelicanry". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 75: 482–484.
  11. 11,0 11,1 Kannan V & R Manakadan (2005). "The status and distribution of Spot-billed Pelican Pelecanus philippensis in southern India" (PDF). Forktail 21: 9–14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de febreiro de 2012. Consultado o 08 de abril de 2016.
  12. Nagulu, V & Ramana Rao, JV (1983). "Survey of south Indian pelicanries". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 80 (1): 141–143.
  13. Crivelli, A; Schreiber, R (1984). "Status of the Pelecanidae". Biological Conservation 30 (2): 147. doi:10.1016/0006-3207(84)90063-6.
  14. Van Weerd, Merlijn & J van der Ploeg (2004). "Surveys of wetlands and waterbirds in Cagayan valley, Luzon, Philippines" (PDF). Forktail 20: 33–39. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2012. Consultado o 08 de abril de 2016.
  15. Gokula, V (2011). "Status and distribution of population and potential and potential breeding and foraging sites of spot-billed pelican in Tamil Nadu, India". J. Sci. Trans. Environ. Technov 5 (2): 59–69.[Ligazón morta]
  16. Whistler, Hugh (1949). Popular handbook of Indian birds. Edition 4. Gurney and Jackson. pp. 489–491.
  17. 17,0 17,1 Ali, Salim (1996). The Book of Indian Birds. Edition 12. BNHS & Oxford University Press. p. 66.
  18. Gokula, V. (2011). "Nocturnal foraging by Spot-billed Pelican in Tamil Nadu, India" (PDF). Marine Ornithology 39: 267–268.
  19. 19,0 19,1 Gokula, V (2011). "Breeding biology of the Spot-billed Pelican (Pelecanus philippensis) in Karaivetti Bird Sanctuary, Tamil Nadu, India". Chinese Birds 2 (2): 101–108. doi:10.5122/cbirds.2011.0013.
  20. Gokula V (2011). "An ethogram of Spot-billed Pelican (Pelecanus philippensis)". Chinese Birds 2 (4): 183–192. doi:10.5122/cbirds.2011.0030.
  21. Ali, S and Ripley, S D (1978). Handbook of the birds of India and Pakistan 2 (2 ed.). Oxford University Press. pp. 29–30.
  22. Das, RK (1991). "Assam: the main breeding ground of Spotbilled Pelican". Newsletter for Birdwatchers 31 (11&12): 12–13.
  23. Bartholomew, GA; Robert C. Lasiewski and Eugene C. Crawford, Jr. (1968). "Patterns of Panting and Gular Flutter in Cormorants, Pelicans, Owls, and Doves". The Condor 70 (1): 31–34. JSTOR 1366506. doi:10.2307/1366506.
  24. 24,0 24,1 Jerdon, TC (1864). The Birds of India. Volume 3. George Wyman & Co. pp. 858–860.
  25. Neginhal, S. G. (1977). "Discovery of a pelicanry in Karnataka". J. Bombay Nat. Hist. Soc. 74: 169–170.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Pelecanus philippensis: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Pelecanus philippensis é unha especie de aves do xénero dos pelicanos. Reprodúcese no sur de Asia desde o sur de Paquistán a través da India cara ao leste ata Indonesia. Vive en zonas de augas continentais estensas e na costa, especialmente en lagos grandes. Visto a certa distancia é difícil de diferenciar doutros pelicanos da rexión, aínda que é máis pequeno, pero visto máis de cerca son distintivas as manchas na súa mandíbula superior, a ausencia de cores brillantes e a súa plumaxe máis cincenta. Nalgunhas áreas estas aves aniñan en grandes colonias preto de lugares habitados polos humanos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician