O choquiño bicudo (Sepia orbignyana, Férussac 1826; antes Sepia rubens) é un molusco cefalópodo da familia Sepiidae, da orde Sepiida.
Semellante a unha xiba común, pero de menor tamaño, con tallas de ata 10–12 cm [1]. O bordo superior do manto prolóngase en ángulo agudo sobre a cabeza. Posúe catro filas de ventosas nos tentáculos pero na base organízanse en dúas en forma de zigzag.
A cuncha presenta unha gran espiña apical que sobresae do extremo posterior do manto, entre as aletas.
Distribúese polo mar Mediterráneo e océano Atlántico. O espécime tipo foi capturado na costa francesa do golfo de Biscaia, e está depositado no Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París.
Vive sobre fondos de area ou lama, a profundidades comprendidas entre os 80 e os 250 metros, sen achegarse nunca á costa.
O choquiño bicudo (Sepia orbignyana, Férussac 1826; antes Sepia rubens) é un molusco cefalópodo da familia Sepiidae, da orde Sepiida.