Strelitzia nicolai é unha especie das anxiospermas da orde das zinxiberales e familia das estrelitziáceas.
Trátase dunha planta herbácea, pero de porte arbóreo, con aparencia de palmeira, orixinaria de Suráfrica e amplamente culivada en parques e xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola súa beleza.
É unha planta semllante á plataneira (do xénero Musa) pero máis alta, xa que pode atinxir os 6 m de altura, e coa peculiaridad de que as súas follas só abren en dúas direccións.
As follas son moi longas, de até 1,8 m, e de cor verde, algo agrisada cando son vellas, e xorden no extremo superior do caule, dispostas como un abano.
A inflorescencia está protexida por unha bráctea de cor azul escura. A flor é máis grande que a de Strelitzia reginae]] (a famosa ave do paraíso), pois pode chegar até os 18 cm de longo, e está situada xusto por riba do punto onde emerxe o abano de follas do caule. Os sépalos son brancos e presentan unha "lingua" de cor azul purpúrea.
As sementes son cápsulas triangulares.[1][2]
Strelitzia nicolai é unha das poucas plantas onde se demostrou a presenza do pigmento bilirrubina, que fundamentalmente se encontra nos animais.[3]
Esta planta adoita empregarse como ornamental en parques e xardins, e na decoración de espazos públicos, como centros comerciais, aeroportos etc.
Strelitzia nicolai foi descrita o ano 1858 polo xardineiro e botánico alemán Eduard August von Regel e o seu compatriota, agrónomo e botánico Friedrich August Körnicke, que publicaron a súa descrición na revista Gartenflora 7: 265, pl. 235.[1]
O epíteto específico nicolai ("de Nicolao") está dedicado na honra do tsar Nicolao I de Rusia, a proposta de von Reguel que, despois de acabar os seus estudos en Alemaña, serviu como director do Xardín Botánico Imperial Ruso de San Petersburgo, cidade na que morou até a súa morte, en 1892.
Strelitzia nicolai é unha das tres especies do xénero Strelitzia con aspecto de árbore (as outras dúas son S. caudata e S. alba). A área de dispersión natural de S. nicolai está restrinxida ao bosque temperado perennifolio e aos de matogueiras da costa do leste de África meridional, desde o río Great Fish, polo norte, até o porto de Richards Bay.[5]
Tamén se considera nativo de Mozambique, Botsuana e Zimbabue e, segundo parece, está naturalizado en México oriental (no estado de Veracruz).[5]
Froitos secos, abertos, coas sementes.
Reserva Natural Iphithi,
en KwaZulu-Natal, República Surafricana
Strelitzia nicolai é unha especie das anxiospermas da orde das zinxiberales e familia das estrelitziáceas.
Trátase dunha planta herbácea, pero de porte arbóreo, con aparencia de palmeira, orixinaria de Suráfrica e amplamente culivada en parques e xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola súa beleza.