A sarigüé suramericana ou sarigüé común[2] (Didelphis marsupialis) é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,[3] propia do sueste de Norteamérica (sueste de México), toda a América Central e o norte de Sudamérica.
A especie foi descrita por vez primeira por Linné en 1758, na páxina 54 do primeiro volume da 10ª edición do seu Systema Naturae.[3]
Segundo Mammal Species of the World,[3] e o Catalogue o Life,[4] na actualidade recoñécense as seguintes dúas subespecies:
O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".[5]
O específico, marsupialis, pola súa banda, deriva do adxectivo do latín científico marsūpialis, tirado do substantivo do latín clásico marsūpium, -ii, "a bolsa do diñeiro" en alusión ao marsupio propio destes animais.
É unha das sarigüés máis grandes (aínda que algo menor que a norteamericana, xa que pode chegar a medir entre 45 e 60 cm de lonxitude, e pode pesar máis de 20 kg.
Trátase dun animal xeralista, con hábitos alimenticios de tipo omnívoro. Aliméntase principalmente de aves, sendo a súa presa máis común a galiña.[Cómpre referencia]
A sarigüé común distribúese polo centro, leste e sueste de México, por toda a América Central (incluídas as Antillas[Cómpre referencia]), algúns países andinos (Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia), Venezuela, Güiana e o noroeste do Brasil.
A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, á súa ampla área de distribución, á súa presumibelmente gran poboación, á súa tolerancia ás modificacións do seu hábitat e a que está presente en numerosa zonas protexidas.[6]
Aínda que a esta sarigüé é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, a especie non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos.[6]
A sarigüé suramericana ou sarigüé común (Didelphis marsupialis) é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos, propia do sueste de Norteamérica (sueste de México), toda a América Central e o norte de Sudamérica.