dcsimg

Alloteuthis ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Alloteuthis é un xénero de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos (luras).[1]

Até hai poucos anos foi considerado como un subxénero de Loligo.[2]

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1920 polo zoólogo alemán Gerhard Wülker,[1] no seu traballo "Über Cephalopoden des Roten Meeres". Senckenbergiana 2: 48–58.

Etimoloxía

O nome científico Alloteuthis está formado polos elementos do latín científico allo-, e -teuthis. O primeiro deriva do grego antigo ἄλλος állos, "outro", "diferente",[3][4] e o segudo do grego antigo τευθίς teuthís, "pequena lura",[5][6] empregado paa formar os nomes dalgúns cefalópodos. Literalmente: "as outras pequenas luras".

Sinónimos

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero oneceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Acrololigo Grimpe, 1921
  • Acroteuthis Berry, 1913 (inválido)
  • Acruroteuthis Berry, 1920
  • Loligo (Alloteuthis) Wülker, 1920
  • Teuthis J. G. Schneider, 1784 (inválido, por ser un homónimo junior de Teuthis Linnaeus, 1767)

Especies

Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes tres especies:[1]

En Galicia

Nas augas galegas están presentas as dúas especies de distribución europea, Alloteuthis media e A. subulata.[7]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Alloteuthis Wülker, 1920 no WoRMS.
  2. Subgenus Alloteuthis Wülker, 1920 en BioLib.
  3. allo- no Online Etymolology Dictionary.
  4. allo- no Merriam-Webster Dictipnaty.
  5. Catlow, Agnes (1854). Popular Conchology. Longman. p. 364.
  6. Chun, Carl (1975). The Cephalopoda. Israel Program for Scientific Translations. p. 120. ISBN 978-0-7065-1259-5.
  7. Espe Abuín: Leyendo el «código de barras» de los cefalópodos gallegos. La Voz de Galicia, 10-04-2018.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gofas, S.; Le Renard, J.; Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. eds. European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Patrimoines Naturels 50: 180-213.
  • Jereb, P.; Vecchione, M. & Roper, C. F. E. (2010): "Family Loliginidae". En P. Jereb & C. F. E. Roper, eds. Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of species known to date. Volume 2. Myopsid and Oegopsid Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 4, Vol. 2. Roma: FAO.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Alloteuthis: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Alloteuthis é un xénero de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos (luras).

Até hai poucos anos foi considerado como un subxénero de Loligo.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician