dcsimg

Ocotónidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Pica alpina (Ochotona dauurica).
 src=
Ochotona hyperborea yesoensis.

A dos ocotónidos (Ochotonidae) é unha familia de mamíferos lagomorfos que, na actualidade, só está integrada por un único xénero, Ochotona, que comprende trinta especies (aínda que tamén se coñecen numerosos xéneros e especies extintas).

Son pequenos animais coñecidos vulgarmente como picas, e tamén como lebres asubidoras e coellos de roca (aínda que non están estreitamente emparentados cas lebres nin cos coellos, que forman parta doutra familia de lagomorfos, a dos lepóridos).

Taxonomía

Descrición

Familia

A familia foi descrita en 1896 polo zoólogo briánico Thomas, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1896: 1026.[2]

Xénero actualmente vivente

Pola suá parte, o único xénero actual definiuno en 1795 o naturalista alemán Heinrich Friedrich Link, en Beitr. Naturgesch., 2: 74.[3], que tomou como especie tipo a Ochotona minor, rebautizando a especie Lepus dauuricus Pallas, 1776 (hoxe coñecida como Ochotona dauurica).[3]

Sinónimos

Da familia

A familia coñeceuse tamén polo sinónimos:[2]

  • Lagomina Gray, 1825
  • Lagomyidae Lilljeborg, 1866
  • Prolaginae Gureev, 1960
Do xénero vivo

Pola súa parte, o xénero Ochotona coñeceuse tamén como:[3]

  • Abra Gray, 1863
  • Abrama Strand, 1928
  • Argyrotona Rekovetz, 1988
  • Buchneria Erbajeva, 1988
  • Lagomys G. Cuvier, 1800
  • Lagotona Kretzoi, 1941
  • Ogotoma Gray, 1867
  • Tibetholagus Argyropulo & Pidoplichko, 1939
  • Tibetolagus Argyropulo, 1948

Etimoloxía

Familia e xénero

Os nomes científicos Ochotona e Ochotonidae, derivan do nome mongol ochodona, co que os mongois denominan ás picas;[4] e, no segundo caso, coa adición á raíz do nome xenérico o sufixo do latín científico -ĭidae, co que se forman os nomes das familias de animais.

Nome vulgar

O nome común máis utilizado, pica, deriva da palabra piika, usada polos pobos tungús do leste de Siberia para designar a estes animais.[5] que comezou a usarse en inglés en 1827,[6] e de aí pasou aos demais idiomas europeos.

Características

O aspecto das picas recorda ao dun hámster, pero os dous pares de dentes incisivos superiores identifícanos como lagomorfos, e non como roedores. A súa fórmula dentaria é 2.0.3.2 / 1.0.2.3.

Caracterízanse polos seus membros curtos, os traseiros e o dianteiros da mesma medida, as orellas pequenas e arredondadas, e por careceren de cola visíbel.

O seu tamaño varía entre os 10 e os 30 cm, e o seu peso, ente os 100 e os 200 g.

Bioloxía e ecoloxía

As picas son propias de climas fríos, e habitan principalmente en Asia, América do Norte e nalgunhas partes de Europa Oriental.
O nome de lebres asubiadoras co que algúns as designan débese ao seu agudo grito de alerta.
Viven xeralmente en grupos familiares que comparten as tarefas de recolección de comida e vixilancia.
Desenvolven o máximo nivel de actividade antes do inverno. Debido a que non hibernan, necesitan abrigarse e alimentarse durante o inverno. Antes da chegada deste, as picas xuntan herba fresca e a deixan en montóns para que seque. Unha vez que a herba secou, almacénana nos seus tobos para consumila durante o inverno. É común que as picas rouben o feo doutras goridas; en tales casos, as disputas que resultan son ás veces aproveitadas por depredadores veciños como furóns e aves de rapina.[7]

Clasificación

Xéneros

Xénero Ochotona: subxéneros, especies e subespecies

  • Ochotona (Link, 1795)
    • Subxénero Ochotona (Ochotona) (Link, 1795)
      • Ochotona cansus
        • Ochotona cansus cansus
        • Ochotona cansus morosa
        • Ochotona cansus sorella
        • Ochotona cansus stevensi
      • Ochotona curzoniae
      • Ochotona dauurica
        • Ochotona dauurica dauurica
        • Ochotona dauurica annectens
        • Ochotona dauurica bedfordi
        • Ochotona dauurica mursavi
      • Ochotona huangensis
      • Ochotona nubrica
        • Ochotona nubrica nubrica
        • Ochotona nubrica lhasaensis
      • Ochotona pusilla
        • Ochotona pusilla pusilla
        • Ochotona pusilla angustifrons
      • Ochotona rufescens
        • Ochotona rufescens rufescens
        • Ochotona rufescens regina
        • Ochotona rufescens shukurovoi
      • Ochotona thibetana
        • Ochotona thibetana thibetana
        • Ochotona thibetana nangqenica
        • Ochotona thibetana osgoodi
        • Ochotona thibetana sacraria
        • Ochotona thibetana sikimaria
      • Ochotona thomasi
    • Subxénero Ochotona (Pika) Lácèpde, 1799
      • ''Ochotona alpina
        • Ochotona alpina alpina
        • Ochotona alpina changaica
        • Ochotona alpina cinereofusca
        • Ochotona alpina sushkini
      • Ochotona argentata
      • Ochotona collaris
      • Ochotona hoffmanni
      • Ochotona hyperborea
        • Ochotona hyperborea hyperborea
        • Ochotona hyperborea cinereoflava
        • Ochotona hyperborea coreana
        • Ochotona hyperborea ferruginea
        • Ochotona hyperborea mantchurica
        • Ochotona hyperborea normalis
        • Ochotona hyperborea uralensis
        • Ochotona hyperborea yesoensis
        • Ochotona hyperborea yoshikurai
      • Ochotona pallasi
        • Ochotona pallasi pallasi
        • Ochotona pallasi hamica
        • Ochotona pallasi pricei
        • Ochotona pallasi sunidica
      • Ochotona princeps
        • Ochotona princeps princeps
        • Ochotona princeps figginsi
        • Ochotona princeps saxatilis
        • Ochotona princeps schisticeps
        • Ochotona princeps taylori
      • Ochotona turuchanensis
    • Subxénero Ochotona (Conothoa) Lyon, 1904
      • Ochotona erythrotis
      • Ochotona forresti
      • Ochotona gaoligongensis
      • Ochotona gloveri
        • Ochotona gloveri gloveri
        • Ochotona gloveri brookei
        • Ochotona gloveri calloceps
      • Ochotona himalayana
      • Ochotona iliensis
      • Ochotona koslowi
      • Ochotona ladacensis
      • Ochotona macrotis
        • Ochotona macrotis macrotis
        • Ochotona macrotis auritus
        • Ochotona macrotis chinensis
        • Ochotona macrotis sacana
        • Ochotona macrotis wollastoni
      • Ochotona muliensis
      • Ochotona nigritia
      • Ochotona roylei
        • Ochotona roylei roylei
        • Ochotona roylei nepalensis
      • Ochotona rutila

Notas

  1. Savage, R. J. G. & Long, M. R. (1986). Mammal Evolution: an illustrated guide. New York: Facts on File. p. 128. ISBN 0-8160-1194-X.
  2. 2,0 2,1 Ochotonidae Thomas, 1896 en MSW.
  3. 3,0 3,1 3,2 Ochotona Link, 1795 en MSW.
  4. Ochotona no Merriam-Webster Dictionary.
  5. pika no Online Etymology Dictionary,
  6. pika no Merriam-Webster Dictionary.
  7. Elizabeth Pennisi (2016) Some pikas may soon face a new climate challenge: low oxygen.
  8. Prolagidae en MSW.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ocotónidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Pica alpina (Ochotona dauurica).  src= Ochotona hyperborea yesoensis.

A dos ocotónidos (Ochotonidae) é unha familia de mamíferos lagomorfos que, na actualidade, só está integrada por un único xénero, Ochotona, que comprende trinta especies (aínda que tamén se coñecen numerosos xéneros e especies extintas).

Son pequenos animais coñecidos vulgarmente como picas, e tamén como lebres asubidoras e coellos de roca (aínda que non están estreitamente emparentados cas lebres nin cos coellos, que forman parta doutra familia de lagomorfos, a dos lepóridos).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician