dcsimg
Image of Uruguayan pampas grass
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » True Grasses »

Uruguayan Pampas Grass

Cortaderia selloana (Schult. & Schult. fil.) Asch. & Graebn.

Cortadeira ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A cortadeira[1][2], herba da Pampa, penacho da Pampa, plumeiro da Pampa ou carrizo da Pampa[3] (Cortaderia selloana), é unha planta rizomatosa, que forma matas moi altas, endémica dos pastos do sur de Suramérica, nas pampas e na Patagonia.

Descrición

Medra en densa mata, que pode acadar 3 m de altura, con raíces profundas e amplas. As follas sempre verdes, longas e estreitas, duns dous metros de longo e até 2 centímetros de largura; con beiras moi afiadas e cortantes, de cor verde azuladas a gris prateadas. Flores en densa panícula branca de 30–90 cm de longo, sobre varas florais de 2–3 m de altura; con espigas de 15–25 mm cada unha, con 4-6 flores. Flores masculinas con 3 estames e un ovario rudimentario; as femininas cun ovario desenvolvido e dous estilos plumosos. Florece de setembro a outubro.

Foi nomeada por Alexander von Humboldt no 1818, despois do botánico alemán-brasileiro Friedrich Sellow (1789-1831), que participou en expedicións botánicas no interior do Brasil e estudou a flora de Suramérica.

A cortadeira como especie invasora

A cortadeira está considerada a sétima especie máis daniña da península Ibérica[3][4], e en lugares como Galicia, Cantabria, Asturias ou Euskadi xa ten consideración de praga[5][6].

En California ou Hawai a cortadeira tamén é unha especie invasora, e polas mesmas razóns en Nova Zelandia e en Suráfrica prohíbese a súa venda e propagación. Acostuma a medrar de xeito doado e ficar como monocultivo en zonas onde houbo movementos de terras. Pola contra cóstalle máis atopar espazo en bosques asentados, onde a súa presenza xeralmente é escasa e a propagación nesas condicións resúltalle difícil.

Posúe unha alta agresividade, tende a facerse dominante onde se establece e a desprazar a vexetación existente. Tamén pode comportarse como unha especie pirófita e favorecer a expansión de incendios forestais. É moi corrente en lugares urbanos, beiras das estradas, desmontes, cultivos abandonados, terreos removidos e outros, e vai ocupando cada vez máis espazos forestais periurbanos, zonas de bosques ou plantacións abertas[7].

Medidas de control da praga

No norte da península Ibérica as autoridades xa comezaron a tomar medidas para tentar frear a praga e controlar a expansión desta especie[8].

 src=
Unha plántula, único momento posible para seren arrincadas coa man.
 src=
A cortadeira é unha especie moi daniña fóra da súa orixe.

Comezouse a actuar contra o plumeiro da Pampa en zonas protexidas e vías de comunicación[9].

Aínda que as medidas en Galicia están sendo poucas, algúns colectivos comezaron a tomar medidas de control, por exemplo análises de distribución da planta[10].

  • Medidas mecánicas: As plantas só poden ser arrancadas ca man cando son pequenas, cando son individuos adultos hase empregar maquinaria. En ambos os casos a tarefa non é sinxela, xa que os bordos aserrados das follas poden cortar as mans, e porque a forma lanceolada das mesmas fai que se enreden na maquinaria bloqueándoa. As plantas arrancadas teñen que recollerse, xa que as que se deixen deitadas no terreo poden rebrotar[3].
  • Medidas químicas: Os herbicidas empregados han conter glifosatos (36 %) diluídos a un 2 %, pulverizando as cortadeiras con coidado de que non pinguen, para non afectar a especies contiguas[3].
  • Medidas biolóxicas: Estase a estudar o emprego de cepas agresivas de Fusarium[3].
  • Medidas culturais/sociais: Pasan pola concienciación social. Para non espallar as sementes, recoméndase non cortar as inflorescencias da planta, especialmente hase evitar o transporte destas dun lugar a outro: é usual ver a persoas portando os penachos por rúas e camiños, algo que favorece o espallado da semente. Tamén hase desbotar o emprego desta planta en xardinería e floristerías.

En xeral un control efectivo da praga ha combinar, polo menos, medidas de control mecánicas e químicas. Isto estase a facer nas medianas e beiravías dalgunhas zonas da AP-9.

Cultivo e emprego

Foi introducida en Europa e Norteamérica como planta ornamental e, en menor medida, como forraxe. As flores, ao secaren, son moi empregadas en floristería.

Hai varios cultivares:

É moi adaptable e pode medrar nunha ampla gama de ambientes e climas, se ben medra mellor en zonas cálidas e non soporta a xeada. Moi prolífica, cada planta pode producir máis de 1 millón de sementes durante a súa vida.

Emprégase para adornar floreiros, ás veces tinguida de outras cores, para iso córtase cando é nova e sécase boca abaixo. Non empregar no caso de ter alerxia ás gramineas. Coas súas follas obtense celulosa. É planta medicinal como febrífugo infantil, diurética e sudorífera.

Galería de fotos

Notas

  1. Termos esenciais da botánica. USC Arquivado 14 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en galego)
  2. Ficha de flora na Universidade de Santiago de Compostela (en galego)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Ficha na páxina web da Xunta Arquivado 15 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en galego)
  4. Nova en diario vasco (en castelán)
  5. Nova en público.es[Ligazón morta](en castelán)
  6. Nova en 'La Voz de Asturias'[Ligazón morta](en castelán)
  7. "O plumeiro ou carrizo da Pampa" (PDF). Consellería do Medio Rural. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2016. Consultado o 4 de decembro de 2016.
  8. Nova en Deia (en castelán)
  9. Guerra ao plumeiro da Pampa (nova en diariovasco.com) (en castelán)
  10. Análise de distribución do plumeiro da Pampa no Baixo Miño Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. (en galego)

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Cortadeira: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A cortadeira, herba da Pampa, penacho da Pampa, plumeiro da Pampa ou carrizo da Pampa (Cortaderia selloana), é unha planta rizomatosa, que forma matas moi altas, endémica dos pastos do sur de Suramérica, nas pampas e na Patagonia.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician