A Annona purpurea é unha planta tropical da familia Annonaceae distribuída por América Central e zonas de América do Sur.
É unha árbore froiteira caducifolia de 6 a 10 metros de altura máxima con follas grandes, vilosas e flores moi fragrantes. Ten un froito comestible, similar ao da chirimoia, arredondado, de 15 a 20 cm de largo e cuberto cunha tona verde-marrón de textura feltrosa con proxeccións en forma de gancho. A polpa deste, de cor alaranxada e consistencia fibrosa, é similar no cheiro, aparencia e sabor a algunhas variedades da manga. Contén moitas sementes.
A especie Annona purpurea foi identificada pola primeira vez polos botánicos José Mariano Mociño e Martín Sessé durante a expedición botánica ao Vicerreinado de Nova España (1787-1803) que mandou o rei Carlos III de España. O traballo de Mociño e Sessé encóntrase nas coleccións do Hunt Institute for Botanical Documentation,[1] que conteñen ilustracións da flor da Annona purpurea realizadas por Mociño e Sessé.[2]
A planta é medicinal. En México, o zume é considerado como un remedio para a febre e os calafríos. Noutros lugares úsase para aliviar a ictericia (probablemente por causa da súa cor). A decocción da casca é eficaz contra a disentería e adminístrase un té da casca interna en caso de edema.[3]
Annona purpurea foi descrita por Moc. & Sessé ex Dunal e publicado en Monographie de la famille des Anonacées 64, t. 2. 1817.[4]
Annona: nome xenérico que deriva do taíno Annon.[5]
purpurea: epíteto latíno que significa "de cor púrpura".[6]
Chincuya, chincua, cabeza de negro (México), sencuya, cabeza de muerto, matacay o mutucuy (Guatemala), soncuya (Honduras), anona sincuya (El Salvador), toreta, soncoya (Costa Rica), guanábana torete (Panamá), catiguire, tucuria, manire (Venezuela).[8]
Outros:
A Annona purpurea é unha planta tropical da familia Annonaceae distribuída por América Central e zonas de América do Sur.