dcsimg

Gorilla beringei graueri ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O Gorilla beringei graueri é unha das dúas subespecies do Gorilla beringei. Trátase dun animal endémico dos bosques montañosos do este da República Democrática do Congo. As maiores poboacións viven no Parque Nacional de Kahuzi-Biega, no Parque Nacional de Maiko e nos bosques adxacentes, a Reserva de gorilas de Tayna, o bosque de Usala e nas Montañas Itombwe.

É o meirande das catro subespecies de gorila existentes. Ó igual que o Gorilla beringei beringei, a súa pelaxe é enteiramente negra, aínda que máis curta na testa e no corpo. A pelaxe dos machos, como ocorre co resto dos gorilas, tórnase gris no lombo cando o animal madura.

En comparanza co Gorilla gorilla gorilla, o gorila oriental é moito menos abondoso, xa que se estima que hai uns 5.000 en liberdade, mentres que a variedade occidental ronda os 100.000.[2]

Notas

  1. Plumptre, A.; Nixon, S.; Caillaud, D.; Hall, J. S.; Hart, J. A.; Nishuli, R.; Williamson, E. A. (2016). "Gorilla beringei ssp. graueri". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T39995A17989838. Consultado o 4 de setembro de 2016.
  2. Pickrell, J. "Eastern lowland gorilla numbers plunge to 5,000, study says". Consultado o 29 de xullo de 2013.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Gorilla beringei graueri: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O Gorilla beringei graueri é unha das dúas subespecies do Gorilla beringei. Trátase dun animal endémico dos bosques montañosos do este da República Democrática do Congo. As maiores poboacións viven no Parque Nacional de Kahuzi-Biega, no Parque Nacional de Maiko e nos bosques adxacentes, a Reserva de gorilas de Tayna, o bosque de Usala e nas Montañas Itombwe.

É o meirande das catro subespecies de gorila existentes. Ó igual que o Gorilla beringei beringei, a súa pelaxe é enteiramente negra, aínda que máis curta na testa e no corpo. A pelaxe dos machos, como ocorre co resto dos gorilas, tórnase gris no lombo cando o animal madura.

En comparanza co Gorilla gorilla gorilla, o gorila oriental é moito menos abondoso, xa que se estima que hai uns 5.000 en liberdade, mentres que a variedade occidental ronda os 100.000.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician