dcsimg

Lavandeira citrina ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A lavandeira citrina[2][3] (Motacilla citreola) é un pequeno paxaro cantor da familia Motacillidae.

Etimoloxía

O xénero, Motacilla foi creado con este nome por Carl Linnaeus en 1758 na 10ª edición de Systema Naturae.[4][5] Motacilla en latín era o nome da lavandeira branca, que é o diminutivo de motare, 'moverse continuamente', pero desde tempos medievais confundiuse cilla con 'cola'.[6] O termo citreola en latín significa 'de cor amarelado'.

Taxonomía

A sistemática, filoxenia e taxonomía desta especie foi obxecto de considerable debate a inicios do século XXI debido a que esta ave forma un complexo de especies crípticas con M. tschutschensis e M. flava. Decidir cales dos moitos taxons deste grupo corresponden a cales das moitas poboacións é improbable que se resolva no futuro inmediato.[7]

Descrición

É un paxaro delgado de 15,5 a 17 cm de longo, que move constantemente a súa longa cola, como é característico do xénero Motacilla. O macho adulto en plumaxe reprodutora é basicamente gris ou negro pola parte superior, con branco nas plumas rémixes, e amarelo brillante por debaixo e en toda a cabeza menos na caluga negra. En pumaxe invernal, as partes amarelas poden diluírse en cor branca, e a cabeza pasa a ser amarronada con supercilio amarelado. As femias parécense xeralmente a versións destinxidas dos machos en plumaxe invernal.

Distribución

Esta especie reprodúcese na parte norte de Asia central en prados húmidos e na tundra. Migra en inverno ao sur de Asia, a miúdo a terras altas. A súa área de distribución está expandíndose cara ao oeste e é unha ave errante rara pero cada vez máis frecuente en Europa occidental, incluíndo Galicia.[3] As aves errantes parecen estender a súa migración en lugar de extraviarse na súa ruta.

Ecoloxía

É un paxaro insectívoro que vive en zonas de campo aberto preto da auga, como prados húmidos e pantanos, e nidifica no chan, poñendo 4 ou 5 ovos con manchas.

Notas

  1. "Motacilla citreola". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en Latin). Volume 1 (10th ed.). Holmiae:Laurentii Salvii. p. 184.
  5. Mayr, Ernst; Greenway, James C. Jr, eds. (1960). Check-list of Birds of the World. Volume 9. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 130.
  6. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 261. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  7. Voelker, Gary (2002). "Systematics and historical biogeography of wagtails: Dispersal versus vicariance revisited" (PDF). Condor 104 (4): 725–739. JSTOR 1370694. doi:10.1650/0010-5422(2002)104[0725:SAHBOW]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2013-03-21.

Véxase tamén

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician

Lavandeira citrina: Brief Summary ( galicien )

fourni par wikipedia gl Galician

A lavandeira citrina (Motacilla citreola) é un pequeno paxaro cantor da familia Motacillidae.

licence
cc-by-sa-3.0
droit d’auteur
Autores e editores de Wikipedia
original
visiter la source
site partenaire
wikipedia gl Galician