dcsimg

Coxíidos ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

A dos coxíidos (Kogiidae) é unha familia de cetáceos odontocetos que inclúe dúas especies viventes, o cachalote pigmeo e o cachalote anano, e tres especies extintas.[1]

Algunhas clasificacións no recoñecen esta familia e sitúan ao seu único xénero, Kogia, na familia dos fisetéridos,[2][3] dentro da submailia dos Koginae Gill, 1871, pero hoxe está aceptado este grupo como familia Kogiidae Gill, 1871.[4]

Descrición

Estes cetáceos caracterízanse por teren a boca en posición ventral en relación ao cranio, a diferenza dos delfínidos e a maioría dos demais odondtocetos. Non teñen dentes no maxilar superior, e o inferior presenta dentes cónicos. Ao igual que o cachalote, posúen espermaceti no melón.

O tamaño do seu corpo é pequeno, en comparación có doutros cetáceos (entre 3 e 3,5 m), e especialmente co do seu máis próximo parente, o cachalote.[5] e bastante repoludo, cunha aleta dorsal pequena, falciforme, e a caudal cunha incisura media lixeira, a as pectorais anchas e curtas, situadas en posición moi adiantada. Presentan unha falsa galada detrás da súa cabeza, que é de forma cuadrangular.[6]

Distribúense por todos os océanos do mundo, en augas profundas cerca das costas.[6]

Taxonomía

A familia só conta cun xénero e dúas especies actuais:

Familia Kogiidae

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3.
  • Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.

Outros artigos

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Coxíidos: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

A dos coxíidos (Kogiidae) é unha familia de cetáceos odontocetos que inclúe dúas especies viventes, o cachalote pigmeo e o cachalote anano, e tres especies extintas.

Algunhas clasificacións no recoñecen esta familia e sitúan ao seu único xénero, Kogia, na familia dos fisetéridos, dentro da submailia dos Koginae Gill, 1871, pero hoxe está aceptado este grupo como familia Kogiidae Gill, 1871.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician