dcsimg

Pipistrellus raceyi ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Pipistrellus raceyi é un morcego do xénero Pipistrellus orixinario de Madagascar. Malia que se coñecían especies non identificadas de Pipistrellus en Madagascar dende a década de 1990, P. raceyi non foi descrito formalmente até 2006. Os seus parentes máis achegados son as especies asiáticas P. endoi, P. paterculus e P. abramus, e os seus devanceiros probablemente chegaron a Madagascar dende Ásia. Observáronse exemplares de P. raceyi en catro localidades diferentes: dúas nas chairas orientais e dúas nas occidentais. No leste, vive en áreas abertas e no oeste habita bosques secos. A Lista Vermella da IUCN considera que hai datos insuficientes para avaliar o estado de conservación, en gran parte por mor do descoñecemento da súa ecoloxía.

Notas

  1. Jenkins et al., 2008
  2. Bates et al., 2006, figure 7

Véxase tamén

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Pipistrellus raceyi: Brief Summary ( Galego )