dcsimg

Dicksonia ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Dicksonia é un xénero de fento arbóreo pertencente á orde Cyatheales. É considerado un parente próximo do xénero Cyathea, pero máis primitivo, datando as súas orixes aos períodos Xurásico e Cretáceo. O rexistro fósil inclúe caules, pínnulas e esporas.

O xénero contén 20-25 especies (dependendo do autor), e distribúese dende México ao Uruguai, Chile, Santa Helena, Nova Zelandia, Australia, Indonesia, Nova Guinea e Filipinas. É en Nova Guinea que atinxe maior diversidade con 5 especies coñecidas.

A especie máis cultivada de Dicksonia é a Dicksonia antarctica.

O xénero foi descrito por vez primeira en 1789 por Charles Louis L'Héritier de Brutelle. O nome homenaxea a Jame Dickson, un proeminente enfermeiro e botánico.

Segundo o IBAMA, a Dicksonia sellowiana, chamada xaxín (xaxim ou samambaiaçu en portugués) está na lista das especies ameazadas de extinción en varios lugares do Brasil.

Especies

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Braggins, John E. and Large, Mark F. Tree Ferns. Timber Press, Inc. (2004).
  • Lobin, Wolfram. Lista das espécies americanas de Dicksonia. Autoridade Científica da Alemanha, Bonn 2001.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Dicksonia: Brief Summary ( Galego )