O queimacasas[2] (Pachygrapsus marmoratus) é unha especie de cangrexo que vive no Mar Negro, no Mar Mediterráneo e nalgunhas partes do Océano Atlántico. É de cor violeta escuro, con vetas de amarelas, e ten un corpo de ata 36 milímetros de longo. É un animal omnívoro que se alimenta de algas e mexillóns. Tamén recibe o nome de cangrexo de Santo Antón.[3]
O cangrexo corredor posúe a estrutura corporal típica dun cangrexo. O seu exoesqueleto é trapezoidal e de entre 22–36 milímetros. Os ollos sobresaen lixeiramente do corpo. As pinzas son desiguais e máis grandes nos machos que nas femias. Os catro pares de patas están provistas de pelos e están adaptadas a correr e trepar, pero non a nadar. A parte inferior do corpo ten unha cor pálida.
Este cangrexo habita na zona rompente de cantís e costas rochosas. Non adoita habitar a máis de 2 metros de profundidade, e vive entre as fendas das rocas. A época de reprodución varía segundo o lugar onde habita. En Galicia reprodúcense en maio, pero no Mar Negro fano en xullo.
O queimacasas (Pachygrapsus marmoratus) é unha especie de cangrexo que vive no Mar Negro, no Mar Mediterráneo e nalgunhas partes do Océano Atlántico. É de cor violeta escuro, con vetas de amarelas, e ten un corpo de ata 36 milímetros de longo. É un animal omnívoro que se alimenta de algas e mexillóns. Tamén recibe o nome de cangrexo de Santo Antón.