dcsimg

Cangrexo do Mediterráneo ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

O cangrexo do Mediterráneo,[3] Carcinus aestuarii Nardo, 1847, é unha especie de crustáceo decápodo é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos, propio do litoral Mediterráneo.

Taxonomía

A especie foi descrita en 1847 polo médico e naturalista italiano Giovanni Domenico Nardo.[2], como subespecie de Carcinus maenas: Carcinus maenas aestuarii.

Ao longo do tempo foi coñecida polos segunteds sinónimos:

  • Carcinus maenas aestuarii
  • Carcinus mediterraneus Czerniavsky, 1884[2]
  • Portunus menoides Rafinesque, 1817[2]

Características

Trátase dunha especie moi similar a Carcinus maenas (o cangrexo común) polo que algúns autores considerárono como unha subespecie deste.

Pero análises de ADN que compararon o xenoma da citocromo c oxidase revelaron diferenzas substanciais entre ambas as especies, apoiando o seu status de especies separadas.[4]

Ambas as especies poden diferenciarse visualmente pola parte frontal do caparazón que se encontra entre os ollos, que é máis curta e aserrada en C. maenas e máis longa e lisa en C. aestuarii.[5]

Ademais, os gonopodios de C. aestuarii son rectos e paralelos, mentres que os de C. maenas son curvos, en forma de gancho.[5]

A diferenza de C. maenas, que invadiu muoitas costas por todo o mundo, C. aestuarii sóo se viu implicado nunha invasión: a costa xaponesa foi invadida por espécimes de C. aestuarii ou, talvez, híbridos de C. aestuarii e C. maenas.[6]

Notas

  1. Peter K. L. Ng, Danièle Guinot & Peter J. F. Davie (2008). "Systema Brachyurorum: Part I. An annotated checklist of extant Brachyuran crabs of the world" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 17: 1–286.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Carcinus aestuarii Nardo, 1847 no WoRMS.
  3. Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000), p. 210)
  4. J. Roman & S. R. Palumbi (2004). "A global invader at home: population structure of the green crab, Carcinus maenas, in Europe" (PDF). Molecular Ecology 13 (10): 2891–2898.
  5. 5,0 5,1 S. B. Yamada & L. Hauck (2001). "Field identification of the European green crab species: Carcinus maenas and Carcinus aestuarii" (PDF). Journal of Shellfish Research 20 (3): 905–909. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 20 de agosto de 2014.
  6. T. J. Carlton, T. J. & A. N. Cohen (2003): "Episodic global dispersal in shallow water marine organisms: the case history of the European shore crabs Carcinus maenas and C. aestuarii". Journal of Biogeography, 30 (12): 1809–1820.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Lahuerta, F. e Vázquez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Cangrexo do Mediterráneo: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

O cangrexo do Mediterráneo, Carcinus aestuarii Nardo, 1847, é unha especie de crustáceo decápodo é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos portúnidos, propio do litoral Mediterráneo.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician