Cochlearius cochlearius, tamén coñecido como arapapá, é unha especie de ave pelecaniforme da familia Ardeidae; antes clasificábase nunha familia monotípica, denominada Cochlearidae, que hoxe é considerada como unha subfamilia dos ardeidos.[2][3]
A lonxitude total é de aproximadamente 54 centímetros. O adulto ten unha coroa negra, crista longa e cara negra. A parte superior, gorxa e peito son brancos, e as partes inferiores son vermellas cos flancos negros. As ás son gris pálido. O peteiro macizo, ancho, con forma de cullerón, dálle o nome á especie é principalmente negro. Os paxaros inmaduros teñen as partes superiores principalmente castañas e as inferiores esbrancuxadas tinguidas de castaño, mentres que tamén lles falta a crista.
Vive nos pantanos de mangle de México até o Perú e a Arxentina. É unha ave nocturna, e reprodúcese colonialmente nas árbores de mangleiro, pon 2 a 4 ovos brancos azulado nun niño de poliñas.
Cochlearius cochlearius, tamén coñecido como arapapá, é unha especie de ave pelecaniforme da familia Ardeidae; antes clasificábase nunha familia monotípica, denominada Cochlearidae, que hoxe é considerada como unha subfamilia dos ardeidos.