Ichthyosaura alpestris é unha especie de anfibio urodelo, un tritón. Anteriormente chamábase Triturus alpestris. É a única especie viva do xénero Ichthyousaura.
Os maiores machos poden chegar aos 9 cm de lonxitude, e as femias os 12 cm. Durante a estación de apareamento a inicios do ano, os machos mostran unha coloración azul escura no dorso; os flancos teñen bandas de manchas brancas e negras e debaixo destas unha banda azul celeste e o ventre é de cor laranxa viva. As femias, en camuflaxe acuático, teñen pintas marróns e unhas poucas manchas no dorso. Despois da estación de apareamento, volven a ter a súa coloración orixinal de manchas marróns.
Habitan normalmente en bosques con bo acceso á auga en rexións con montañas ou cuíñas. Xeralmente están ausentes das áreas pouco forestadas. Son numerosos en bosques de folla caduca espesos, e tamén en parques e xardíns naturais. Fóra da estación de desova, fan unha vida terrestre. Durante o día permanecen agochados no sotobosque. Despois de que os adultos saen da dormancia invernal, migran ás súas pozas de desova (do bosque ou artificiais) e viven durante a estación de apareamento en auga fría.
A especie estaba confinada orixinalmente en Europa central e zonas montañosas do sur de Europa,[2] e había poboacións illadas no norte da península Ibérica e en Italia.[1] A especie foi introducida no Reino Unido na década de 1930, inicialmente no sur de Inglaterra e desde entón conseguiron establecerse varias poboación máis ao norte, chegando ata Edimburgo.[3] Foi tamén introducido na Serra de Guadarrama en Madrid.[1]
Esta especie estaba antes situada no xénero Triturus, pero García-París et al.[4] dividiu o xénero Triturus, situando esta especie no seu propio xénero Mesotriton. Posteriormente, Mesotriton considerouse un sinónimo júnior de Ichthyosaura.[5] Recoñécense dez subespecies deste tritón (algunhas soamente con formas neoténicas):
I. alpestris é a única especie viva do xénero Ichthyosaura, aínda que existiu ademais unha especie hoxe extinguida chamada I. randeckensis.[6]
Ichthyosaura alpestris é unha especie de anfibio urodelo, un tritón. Anteriormente chamábase Triturus alpestris. É a única especie viva do xénero Ichthyousaura.