O dos quelicerados (Chelicerata) constitúen un subfilo do filo dos artrópodos.
Diferéncianse dos demais artrópodos, entre outras características, por careceren de antenas e de mandíbulas, e por presentaren quelíceros (ao que deben o seu nome).
Estes animais, na súa maior parte depredadores, sobreviviron á extinción dos trilobites, artrópodos mariños moi comúns no cámbrico e cos que están relacionados filoxeneticamente.
Teñen o corpo tipicamente dividido en dúas rexións ou tagmas, unha anterior denominada prosoma (ou cefalotórax) e unha posterior ou opistosoma (abdome).
O prosoma componse do acron presegmentario e 6 segmentos, e a miúdo está cuberto por un escudo dorsal. Presenta 6 pares de apéndices, todos eles multiarticulados e unirrámeos: quelíceros (apéndices bucais), pedipalpos e 4 pares de patas marchadoras. Teñen ollos compostos laterais e/ou ollos simples mediais.
O opistosoma, formado por até 12 segmentos e máis o telson, presenta apéndices moi diferenciados ou ben carece de eles, segundo os grupos.
Coñécense máis de 70 000 especies actuais de quelicerados, case todas pertenecientes á clase dos arácnidos.
O subfilo dos quelicerados foi descrito en 1951 polo zoólogo alemán Richard Heymons.
O termo Chelicerata esta formado polos elementos do latín científico cheli- e -cerata, tirados do grego antigo χελή chelé, "pinza" e κέρας, κέρατος kéras, kératos, "corno", coa desinencia -a indicando plural.
O subfilo dos quielicerados subdivídese nas tres clases seguintes:[1][2]
Subfilo Chelicerata