A gatiña ou piorno espiñento[1] (Genista anglica) é un piorno (familia das fabáceas) que medra en Europa. En Galiza aparece no sur do país.
Mato espiñento (por iso tamén recibe o nome de toxo bravo), ergueito e con espiños moi magros de 1 a 2 cm de lonxitude. Flores amarelas duns 8 mm de lonxitude, en pequenos acios. Pode ter follas aparentemente simples ou a dos tallos estériles ás veces con 3 folliñas, case sentadas. Rosea dende o inverno e toda a primavera.[2]
Medra en piorneiras e uceiras húmidas, prados enchoupados e lamazais en substratos acedos dende o piso inferior deica uns 2.000 m. Mestúrase acotío coa carroucha das brañas (Erica tetralix), alternando con brañas e lameiros de especies coma a herba das brañas (Nardus stricta) e o sedio (Molinia caerulea).
Oeste e centro de Europa (nas illas Británicas aparece en Cornualles, Gales e no leste de Escocia), Italia e noroeste de África. Na Península Ibérica está amplamente repartida sobre todo polo norte, centro e oeste, sende frecuente en Galiza. Nas montañas de Burgos, Soria, Palencia, León, Segovia, Ávila[3] e Guadalaxara.
Genista anglica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 710. 1753.[4]
Genista: procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero. Téñase en conta que o termo xesta (procedente de genista) é máis comunmente empregado en galego para se referir ás especies do xénero achegado Cytisus.Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridos se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito anttes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se converteu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Geoffrey plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.[5]
anglica: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Inglaterra.[6]
Números cromosomáticos de Genista anglica (Fam. Leguminosae) e táxones infraespecificos: 2n=48[7][8]
A gatiña ou piorno espiñento (Genista anglica) é un piorno (familia das fabáceas) que medra en Europa. En Galiza aparece no sur do país.
Ilustración