O durián[1] (Durio zibethinus) é unha especie de árbore tropical asiática pertencente á familia Malvaceae, orixinaria do sueste de Asia. Dá un froito comestíbel.
En Galicia non é aínda común o consumo.
Froita amplamente coñecida e reverenciada no sueste de Asia e chamda "Rei das froitas",[2] o seu nome provén da verba malaia duri (espiña) co sufixo an, (usado para crear pronomes), e dando coma resultado "froita espiñenta".[3][4]
É unha árbore duns 25 m de alto, orixinaria do sueste de Asia pertencente á familia Malvaceae, unha enorme familia que inclúe o hibisco, o quiabo ou o cotón. O seu froito, especialmente apreciado polos nativos, é de varias formas, de cadrada a arredondada, dependendo da especie, con até 40 cm de circunferencia.[5][6] e entre 2 ou 3 kg de peso[5]; ten unha codia de espiñas de cor verde ou café, a casca é entre pálida a vermella, sempre dependendo especie.[5] Ten un gusto intenso e agradábel, unha textura cremosa (como o aguacate) e un cheiro moi forte, que pode desgustar a algunhas persoas. As sementes son comestíbeis unha vez asadas, esmagadas serven para preparar tortas.
As árbores de durián son relativamente altas, entre 25 e 50 metros de altura, dependendo da especie. As follas son perennes, opostas, elípticas e cadradas, de 10 a 18 centímetros de longo. As flores reprodúcense en grupos de 3 a 30, en pólas longas e no toro; cada flor ten un cáliz e 5 (raramente 4 ou 6) pétalos.
As árbores teñen unha ou dúas floración se frutificacións por ano, aínda que o tempo varía dependendo da especie, cultivo e localidade. Unha árbore de durián típica pode soster os froitos de 4 a 5 anos. O froito que pendura de cada póla, madura arredor dos tres meses despois da polinización.
Hai arredor de 30 especies recoñecidas de árbores durián, todas nativas do sueste de Asia e polo menos 9 producen froitos comestíbeis.[7] coma: D. zibethinus, D. dulcis, D. grandiflorus, D. graveolens, D. kutejensis, D. lowianus, D. macrantha, D. oxleyanus e D. testudinarum. Porén, hai moitas especies aínda non estudadas debidamente.[5]
O Durio zibethinus é a única especie dispoñíbel no mercado internacional, as outras son vendidas localmente.
É unha especie altamente coñecida polo valor alimentario dos seus froitos. Estes caracterízanse por presentar un mal cheiro (un fedor semellante a unha cebola podre), incluso en moitos hoteis de Malaisia teñen prohibido o seu consumo nos cuartos, dado que o fedor fica no cuarto máis de tres horas. A polpa é dunha cremosidade exquisita polo que é coñecido coma o mellor froito do mundo (Pérez, 1996).
Bärtels (2002), comenta que a polpa de tan exquisito froito contén proteínas, graxas e azucres. Consómese cru, aínda que forma parte de diversos pratos en estado verde, semi maduro e fermentado. En Asia é considerado afrodisíaco. As súas raíces, cascas e follas empréganse en menciñas populares. As sementes frítense ou tórranse en aceite. Emprégase tamén na elaboración de xeados.
É moi comercializado en Tailandia, Indonesia e Malaisia.
O durián (Durio zibethinus) é unha especie de árbore tropical asiática pertencente á familia Malvaceae, orixinaria do sueste de Asia. Dá un froito comestíbel.
En Galicia non é aínda común o consumo.