Arnoglossus rueppelii é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos,[1] coñecida en galego como rapapelos estreito.[2]
A especie foi descrita por primeira vez en 1844 polo médico e ictiólogo italiano Anastasio Cocco, baixo o nome de Peloria rueppelii.[1]
As principais características morfolóxicas desta especie son:[3][4]
É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 85 e os 550 m (máximo, 897 m), sobre fondos areosos e fangosos*.[3][4]
Distribúese polas costas do Atlántico oriental entre os 46° N e os 23° N, e entre os 20° W e os 35° E, desde o estreito de Xibraltar até o cabo Bojador (Sahara Occidental) e as illas Canarias, cara ao leste, e o Mediterráneo, até o mar Negro, cara ao leste.[3][4][5]
Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados bentónicos.[3][4][5]
A desova prodúcese durante o outono, no Mediterráneo.[3][5]
O rapapelos estreito é un peixe comestíbel, pescándose nas zonas onde vive.[2]
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou o status desta especie na actualidade (2015), como LC (pouco preocupante), debido a que está amplamente distribuída e non é moi interesante para a pesca comercial, aínda que se captura incidentalmente nalgunhas pescarías doutras especies. Ao igual que outros membros do seu xénero, é probábel que sexa relativamente común.[5]
Arnoglossus rueppelii captúrase nas actividades pesqueiras que operan no mar de Alborán, no Mediterráneo occidental (Abad et al. 2007).[6] Neste estudo comprobouse que constituía unha porción relativamente pequena das capturas. A pescaincidental desta especie é pouco probábel que sexa unha grande ameaza para a súa supervivencia. Debido a que habita en augas profundas é pouco probábel que sexa afectada pola contaminación e o desenvolvemento costeiro.[5]
Esta especie é atacada, entre outros, por parasitos das seguintes familias:[4]
Arnoglossus rueppelii é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos, coñecida en galego como rapapelos estreito.