dcsimg

Andoriñón mongol ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O andoriñón mongol[2] (Hirundapus caudacutus) é un cirrio de gran tamaño do xénero Hirundapus.

Descrición

É un cirrio grande cun corpo robusto con forma de barril. Mide uns 20 cm e pesa entre 110 e 120 g. É de cor marrón cincenta excepto na gorxa, que é branca, e unha mancha branca que se estende desde a base da cola aos flancos.[3] Ten unha cola que termina nunha prolongación fina como unha espiña; a cola non está forcada como é o típico nas especies do xénero Apus.

Historia natural

Constrúe os seus niños en gretas entre as rochas en cantís ou en árbores ocos. Non lle gusta estar en terra e pasa a maior parte do tempo no aire. Teñen patas moi curtas, que usan esencialmente para agarrarse a superficies xeralmente inclinadas e verticais. Aliméntase de insectos voadores como escaravellos, moscas, abellas e avelaíñas.[3]

É unha ave migratoria que se reproduce en Asia central e sur de Siberia, e pasa o inverno no sur no subcontinente indio, sueste asiático e Australia. É unha rara ave errante en Europa occidental e foi rexistrada en Noruega, Suecia e Gran Bretaña, e tamén hai rexistros dela en Galicia como ave accidental rara.[4][5]

Atribúenselle velocidades en voo horizontal de ata 170 km/h, pero non están ben verificadas porque os métodos usados para medir a súa velocidade non foron publicados.[6]

Etimoloxía e nome

Foi descrito polo ornitólogo inglés John Latham en 1801 co nome binomial Hirundo caudacuta.[7] O seu xénero actual Hirundapus formouse a partir dos nomes do xénero das anduriñas, Hirundo, e do xénero dos cirrios, Apus. O nome específico caudacutus significa en latín 'cola aguda ou en punta', do latín cauda e acutus.[8]

Notas

  1. "Hirundapus caudacutus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
  3. 3,0 3,1 "White-throated Needletail". BirdLife International (en inglés). Consultado o 29 October 2017.
  4. "Birdwatchers flock to see rare bird, then watch it killed by wind turbine". FoxNews. 28 June 2013. Consultado o 2013-06-29.
  5. Huyton, Harry (28 June 2013). "Let's not martyr the white-throated needletail to the anti-wind cause". London: The Guardian. Consultado o 1 July 2013.
  6. Bourton, Jody (2 March 2010). "Supercharged swifts fly fastest". BBC News (en inglés). Consultado o 28 October 2017.
  7. Latham, John (1801). Supplementum indicis ornithologici sive systematis ornithologiae (en Latin). London: Leigh & Sotheby. p. lvii.
  8. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm Publishers. pp. 94 and 193. ISBN 1408125013.

Véxase tamén


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Andoriñón mongol: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O andoriñón mongol (Hirundapus caudacutus) é un cirrio de gran tamaño do xénero Hirundapus.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician