dcsimg

Escalo (peixe) ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Escalo
 src=
Área de distribución

O escalo (Squalius carolitertii, Doadrio 1988; antes Leuciscus carolitertii) é un peixe de augas doces propio dos ríos do noroeste de España e norte de Portugal. Pertence á familia Cyprinidae, da orde dos cipriniformes.

Recibiu o nome en honor do rei Carlos III de España.

Morfoloxía

É un peixe de tamaño mediano, con tallas máximas de 25 cm de lonxitude. Corpo alongado e fusiforme, cabeza ancha e grande, con dúas series de dentes farínxeos

Ten unha aleta dorsal curta e alta, con 3 raios simples e 7-9 raios ramificados, situada á altura da aleta pelviana ou algo posterior. Liña lateral lixeiramente curva.

A cor é marrón agrisada ou verdosa, con reflexos; os flancos amarelos ou verdosos e o ventre prateado. Unha banda negra pouco aparente percorre os flancos.

Hábitat e bioloxía

É unha especie endémica do noroeste da península ibérica, estando presente nos ríos Douro, Texo, Miño, Umia, Lérez e Mondego, así como nos seus afluentes. En Galicia é pouco abundante.

Aliméntase de altas e pequenos invertebrados.

En Galicia

Segundo Eladio Rodríguez, é "inferior a ésta [á troita] en calidad de su carne. En algunas comarcas se llama CABEZUDO". E engade: "Dice Cuveiro en su Diccionario que donde hay escalos no se ve una trucha; según Cornide, el ESCALO parece ser el ANDURIÑO; y no faltan quienes crean que el ESCALO puede ser una variedad de la carpa". O anduriño é a cría do salmón.

Véxase tamén

Bibliografía

  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • RODRÍGUEZ VILLANUEVA, X. L., e VÁZQUEZ, Xavier: Peixes do mar de Galicia III. Edicións Xerais de Galicia, Vigo 1995.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Escalo (peixe): Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Escalo  src= Área de distribución

O escalo (Squalius carolitertii, Doadrio 1988; antes Leuciscus carolitertii) é un peixe de augas doces propio dos ríos do noroeste de España e norte de Portugal. Pertence á familia Cyprinidae, da orde dos cipriniformes.

Recibiu o nome en honor do rei Carlos III de España.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician