Damaliscus lunatus,[1] coñecido vulgarmente como antílope sasabi ou, simplemente, sasabi,[2] é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.
É un antílope de tamaño grande estreitamente relacionado co topi e co damalisco de fronte branca ou bontebok, cos que comparte xénero.
Habita nas sabanas e planicies inundábeis de varias rexións da África central, oriental e meridional.[3]
A especie foi descrita por primeira vez en 1824 polo naturalista e explorador británico William John Burchell, na súa obra Travels in Interior of Southern Africa, 2: 334.[1]
Dentro da especie Damaliscus linatus, a UICN recoñece as seguintes seis subespecies:[4]
(Véxase a súa distribución á dereita, no mapa da caixa da clasificación científica)
Antigamente tamén se incluía Damaliscus lunatus hunteri, hoxe clasificada como especie independente, e noutro xénero, Beatragus hunteri, o antílope de Hunter ou damalisco de Hunter.
As principais características físicas do antílope sasabi son:[7]
O seu hábitat son as sabanas, chairas inundábeis e paraxes abertas con manchas dispersas de matogueiras; ás veces pode penetrar nos bosques.[7]
Antigamente o sasabi estendíase ao longo dun amplo terriorio da África subsahariana, desde o Senegal oriental até o sur de Etiopía, polo norte, até o norte de Suráfrica.[8]
Hoxe en día encóntrase principalmente en Angola, Zambia, Namibia, Botswana, Cimbabue, Suacilandia e Suráfrica.[1][3]
Non é tan gregario como as outras especies de damaliscos. Vive en pequenos grupos familiares ou en pequenos rabaños de 8 a 10 cabezas, que se poden reunir en mandas maiores, de até os 200 individuos, durante a estación seca. Son exclusivamente herbívoros.[7]
O sasabi é un dos antílopes africanos máis rápidos, e pode alcanzar velocidades de até os 80 km/h.[9]
A presenza de Damaliscus lunartus segue a ser xeneralizada en toda a África subsahariana, pero a súa poboación diminuiu substancialmente durante os últimos 100 anos, e está ameazada pola caza para aproveitar a súa carne e pola competencia polos pastos polo gando doméstico. A súa poboación total estímase nuns 300.000 individuos. Ao redor do 25% deles viven en áreas con boa protección e xestión. Porén, os recontos no Sudán do Sur indican que esta estimación debería aumentarse nuns 100.000 máis. As poboaciones noutras zonas parece que están declinando. Porén, non hai evidencias na actualidade que demostren que a diminución global alcanzou o nivel do 20-30% durante tres xeracións (20 anos), o que xustificaría o estado de especie vulnerábel ou algo ameazada, polo que a UICN cualifica ao seu estado como LC (pouco preocupante), aínda que de seguiren os descensos é só unha cuestión de tempo que se alcance un destes niveis.
Damaliscus lunatus, coñecido vulgarmente como antílope sasabi ou, simplemente, sasabi, é unha especie de mamífero artiodáctilo ruminante da familia dos bóvidos, subfamilia dos alcelafinos e tribo dos alcelafininos.
É un antílope de tamaño grande estreitamente relacionado co topi e co damalisco de fronte branca ou bontebok, cos que comparte xénero.
Habita nas sabanas e planicies inundábeis de varias rexións da África central, oriental e meridional.