Euphorbia é un xénero de plantas da familia euforbiáceas que abrangue 2008 especies,[1], un dos xéneros máis grandes e morfoloxicamente o máis diverso [2]. Euphorbia antiquorum é o especie tipo para o xénero Euphorbia[3]. Carl Linnaeus describiuna en 1753 en Species Plantarum. O xénero encóntrase principalmente nas rexións tropicais e subtropicais de África e América, mais tamén en zonas temperadas de todo o mundo. As especies suculentas habitan na súa maioría en África, América e Madagascar. Existe tamén un amplo rango de especies insulares: no arquipélago de Hawai onde reciben colectivamente o nome de "akoko",[4] e nas Illas Canarias onde se coñecen como "tabaibas".[5][6]
O nome botánico Euphorbia deriva de Euphorbo, o médico grego do rei Xuba II de Numidia (52–50 a.C. – 23 d.C.), que casou cunha filla de Antonio e Cleopatra.[7] El escribiu que unha Euphorbia, de forma de cacto, era un forte laxante.[7] No 12 a.C., Xuba deulle o seu nome á planta en resposta a que Augusto dedicara unha estatua a Antonio Musa, o seu médico persoal e irmán de Euhorbo.[7] Carl Linnaeus asignou o nome Euphorbia ao xénero enteiro na honra do médico.[8]
As plantas son herbas anuais ou perennes, arbustos frondosos ou árbores; o seu principal punto en común é a produción de látex, líquido branco leitoso, cáustico e tóxico pola euforbina que contén. As raíces son delgadas ou grosas e carnosas ou ben tuberosas. Moitas especies son suculentas, algunhas espiñentas. O talo principal, e en moitas tamén as pólas, das especies suculentas son grosos e carnosos, con 15–91 cm de altura. As follas caducifolias son opostas, alternadas ou en verticilio. Nas especies suculentas as follas adoitan ser pequenas e de vida curta. As estípulas son na súa maioría pequenas, transformadas en parte en espiñas ou glándulas.
As flores, como en todas as euforbiáceas, son unisexuais, pero é característico da Euphorbia presentar unha inflorescencia que aparenta unha flor única, denominada ciatio, que é un pequeno invólucro con forma de copa consistente en brácteas fusionadas e glándulas no bordo envolvendo un conxunto de flores estaminadas que circundan unha única flor pistilada. Todo o conxunto aseméllase a unha soa flor. A maioría das especies son monoicas, presentando na mesma planta flores masculinas e feminias, non obstante algunhas son dioicas, con flores masculinas e femininas en diferentes plantas. Non é raro que o ciatio central dunha cimeira sexa masculina e as laterais teñan ambos os dous sexos. Ás veces nas plantas novas ou aquelas que medran en condicións desfavorables teñan só flores masculinas, e só producen flores femininas no ciatio ao madurecer ou mellorar as condicións.
As brácteas con frecuencia aseméllanse follas, por veces de cores brillantes e atractivas e aínda outras veces moi pequenas. O froito é capsular, con tres carpelos, raramente dous, que se divide en monocarpos na madureza, crebando explosivamente, diseminando as sementes, que son angulares, ovais ou esféricas e nalgunhas especies están recubertas cun arilo cun eleosoma no cabo.
O líquido leitoso, chamado látex, desenvolveuse como un disuasivo para os herbívoros. É de cor branca e incoloro cando seca, agás en E. abdelkuri, onde é amarelo. O líquido sae a presión por calquera ferida e calla despois duns poucos minutos de contacto co aire. A composición específica de ésteres diterpenos ou triterpenos varía, determinando que cáustica e irritante é cada especie. En contacto coas membranas mucosas (ollo, nariz, boca), o látex pode producir unha inflamación moi dolorosa e mesmo pode chegar a producir cegueira.[9]
Varias plantas do xénero medran como plantas de xardín, entre elas a E. pulcherrima (a coñecida flor do Nadal) e a suculenta E. trigona. E. pekinensis úsase na medicina tradicional chinesa, onde se clasfica como unha das 50 herbas principais. Varias especies tamén as utilizan as larvas dalgúns Lepidópteros, como é o caso de Hyles euphorbiae e Hyles tithymali, e mais tamén Hypercompe scribonia.
Segundo estudos recentes de secuencia de ADN[10][11][12] moitos dos "xéneros satélites" máis pequenos arredor do enorme xénero Euphorbia aniñan neste último. Como consecuencia estes taxons, así como o xénero xeralmente non aceptado Chamaesyce e mais tamén o pequeno xénero Cubanthus,[13] Elaeophorbia, Endadenium, Monadenium, Synadenium e Pedilanthus transferíronse a Euphorbia. A subtribo enteira Euphorbiinae agora só consiste no xénero Euphorbia.
O xénero Euphorbia é un dos máis grandes e complexos das anxiospermas e moitos botánicos fixeron intentos infrutuosos para dividilo noutros máis pequenos. SEgundo recentes estudos filoxenéticos,[10][11][12] Euphorbia poderíase dividir en 4 subxéneros, cada un contendo varias, aínda non suficientemente estudados, seccións e grupos. Destes, Esula é o máis basal. Chamaesyce e Euphorbia son probablemente grupos irmáns pero moi estreitamente relacionados co Rhizanthium. Con toda probabilidade desenvolvéronse amplas adaptacións xeromórficas en varias ocasións; non se coñece se o antecesor das liñaxes Rhizanthium e Euphorbia foi xeromórfico ou se ese vasto xeromorfismo é totalmente polifilético mesmo a nivel do subxénero.
Euphorbia é un xénero de plantas da familia euforbiáceas que abrangue 2008 especies,, un dos xéneros máis grandes e morfoloxicamente o máis diverso . Euphorbia antiquorum é o especie tipo para o xénero Euphorbia. Carl Linnaeus describiuna en 1753 en Species Plantarum. O xénero encóntrase principalmente nas rexións tropicais e subtropicais de África e América, mais tamén en zonas temperadas de todo o mundo. As especies suculentas habitan na súa maioría en África, América e Madagascar. Existe tamén un amplo rango de especies insulares: no arquipélago de Hawai onde reciben colectivamente o nome de "akoko", e nas Illas Canarias onde se coñecen como "tabaibas".
O nome botánico Euphorbia deriva de Euphorbo, o médico grego do rei Xuba II de Numidia (52–50 a.C. – 23 d.C.), que casou cunha filla de Antonio e Cleopatra. El escribiu que unha Euphorbia, de forma de cacto, era un forte laxante. No 12 a.C., Xuba deulle o seu nome á planta en resposta a que Augusto dedicara unha estatua a Antonio Musa, o seu médico persoal e irmán de Euhorbo. Carl Linnaeus asignou o nome Euphorbia ao xénero enteiro na honra do médico.