Xenodermichthys é un xénero de peixes teleósteos mariños da orde dos osmeriformes, suborde dos arxentinoideos, superfamilia dos alepocefaloideos e familia dos alepocefálidos,[1][2] distribuídos por augas profundas de todos os océanos do planeta.[3]
O xénero foi descrito en 1878 polo Zoólogo británico Theodore Nicholas Gill.[1][2]
O nome científico do xénero, Xenodermichthys, Günther construíuno cos elementos do latín científico xeno-, -derm- e -ichthys, tirados do grego antigo ξενο-, derivado de ξένος xénos, "estranxeiro", "estraño"; δέρμ-, derivado de δέρμα dérma, "pel", e a voz grega ἰχθύς ichtýs, "peixe". Literalmente, "os [peixes] de pel estraña".
Ademais de polo nome que lle impuxo Günter, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[1]
O xénero conta tan só con dúas especies válidas:[1][2][4]
En augas galegas aparece citada a especie Xenodermichthys copei.[5]
Xenodermichthys é un xénero de peixes teleósteos mariños da orde dos osmeriformes, suborde dos arxentinoideos, superfamilia dos alepocefaloideos e familia dos alepocefálidos, distribuídos por augas profundas de todos os océanos do planeta.