O cerefolio[1] ou cerefollo (Anthriscus cerefolium) é unha especie do xénero Anthriscus emparentada co pirixel. É nativa do Cáucaso, pero foi diseminada por toda Europa polos romanos, onde se naturalizou.[2]
Planta herbácea cultivada, de carácter anual, crece entre 40–70 cm de altura. Os talos son de 30 a 40 cm de alto, finos, ramosos, ocos e estriados. As follas son tripinnadas, recortadas en lóbulos lanceolados, e poden ser rizadas. As diminutas flores brancas forman pequenas umbelas de 2,5 a 5 cm de diámetro. O froito, de arredor de 1 cm de longo, é oblongo, cunha delgada crista en forma de pico,[2] estriado, e cando madura adquire unha cor negra.
A planta despide un aroma agradable.
Xa era coñecida por Plinio o Vello como cerefolium. O nome pode provir do grego anthos (flor) e rischos (sebe) polo lugar onde habita, ou ben de antherix (cana) pola forma do seu pistilo.[3]
É unha planta que se emprega máis para uso culinario que medicinal. É diurética, aperitiva, tónica e estimulante. Pódese utilizar como substituto do pirixel.[3]
Indicacións: é carminativo, expectorante, diurético, aperitivo, tónico, estimulante, estomacal, antiescrofular. Afrodisíaco. Algúns autores sospeitan que pode producir dermatite de contacto e reaccións alérxicas como a febre dos feos. Ao recoller as follas tenras debe terse tino de non confundilas coas de Aethusa cynapium nin coas de Oenanthe crocata, de moi alta toxicidade.[3]
Outros usos: as follas secas úsanse como especias, e o seu sabor recorda unha mestura de anís e carvea, ou de anís e perexil. As sementes úsanse no norte de África como especia nos mesmos pratos que o coriandro. Tamén é usado como colorante amarelo.[3]
Anthriscus cerefolium foi descrita por (Carl von Linné) Hoffm. e publicado en Genera Plantarum Umbelliferarum 41–42. 1814.[4]
cerefolium: epíteto latino que significa "follas de cera".[5]
O cerefolio ou cerefollo (Anthriscus cerefolium) é unha especie do xénero Anthriscus emparentada co pirixel. É nativa do Cáucaso, pero foi diseminada por toda Europa polos romanos, onde se naturalizou.
Ilustración