dcsimg
Life » » Reino Animal » » Mollusca » Cephalopoda » » Loliginidae »

Alloteuthis africana Adam 1950

Alloteuthis africana ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Alloteuthis africana é unha especie de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos, unha das tres que integran o xénero Alloteuthis.[1]

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1950 polo malacólogo belga-neerlandés William Adam, especialista en cefalópodos.[1][2]

Sinónimo

Ademais de polo seu nome actualmente valido,a especie fou coñecida tamén polo sinónimo:[1]

  • Loligo africana (Adam, 1950)

Distribución e características

Esta especie de cefalópodo ten unha área de distribución limitada á provincia guineana da rexión Etiópica, desde o sur de Marrocos até o sur de Angola.[3]

É moi semellante ás outras dúas especies do xénero e, para identificala, adóitase medir o tamaño da cabeza e dos tentáculos.[3]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Alloteuthis africana Adam, 1950) no WoRMS. Consultado o 20 de marzo de 2020.
  2. Adam, W. (1950): "Notes sur les Céphalopodes. XXII. Deux nouvelles espèces de la côte africaine occidentale". Bulletin du Institut royal des Sciences naturelles de Belgique 26 (45): 1–9.
  3. 3,0 3,1 Anderson, Frank E.; Pilsits, Adria; Clutts, Stephanie; Laptikhovsky, Vladimir; Bello, Giambattista; Balguerías, Eduardo; Lipinski, Marek; Nigmatulin, Chingis; Pereira, João M. F.; Piatkowski, Uwe & Robin, Jean-Paul (2008). "Systematics of Alloteuthis (Cephalopoda:Loliginidae) based on molecular and morphometric data". Journal of Experimental Marine Biology and Ecology 364 (2): 99–109.

Vexase tamén

Blbliografía

  • Anderson, F. E. et. al. (2008): "Systematics of Alloteuthis (Cephalopoda: Loliginidae) based on molecular and morphometric data". Journal of Experimental Marine Biology and Ecology 364: 99-109.
  • Gofas, S.; Le Renard, J.; Bouchet, P. (2001): "Mollusca". En: Costello, M. J. et al. eds. European Register of Marine Species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Museo Nacional de Historia Natural de Francia. Patrimoines Naturels 50: 180-213.
  • Jereb, P.; Vecchione, M. & Roper, C. F. E. (2010): "Family Loliginidae". En P. Jereb & C. F. E. Roper, eds. Cephalopods of the world. An annotated and illustrated catalogue of species known to date. Volume 2. Myopsid and Oegopsid Squids. FAO Species Catalogue for Fishery Purposes. Nº 4, Vol. 2. Roma: FAO.

Outros artigos


licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Alloteuthis africana: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

Alloteuthis africana é unha especie de molusco cefalópodo da subclase dos coleoideos, superorde dos decapodiformes, orde dos téutidos, suborde dos miopsinos e familia dos lolixínidos, unha das tres que integran o xénero Alloteuthis.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician