A celidonia[1], ceruda[2] ou herba da andoriña[3] (Chelidonium majus), tamén coñecida como herba das espullas, herba leiteira, ciridonia ou ciridoña é unha planta herbácea perenne da familia das papoulas (Papaveraceae) de trinta a oitenta centímetros de altura, follas alternas de cor verde clara pola face e azulada polo revés, flores amarelas e froito en cápsula., que contén un zume cáustico usado en medicina Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC e DRAGÉ a única especie do xénero Chelidonium.
En Galicia usábase para sandar as espullas. Existen datos clínicos que suxiren que podería ser eficaz no tratamento da dermatitis atópica.[4]
É unha herbácea perenne con rizoma carnoso do que xorden varios talos aéreos de até 80 cm de altura, moi ramificados e fráxiles. As follas, moi divididas, de 30 cm de longo, son alternas, pinnatisectas, con tres a cinco lobos irregularmente crenados, pinnatífidos e obtusos, glaucos polo envés e con numerosos pelos.
As flores aparecen en inflorescencias umbeliformes terminais, desde maio até outubro. O cáliz está formado por dous sépalos averdados, caedizos na antese. A corola, de 1,5 a 2,5 cm de diámetro, ten catro pétalos amarelos, cada un dun centímetro aproximadamente, e estames numerosos. O xineceo é bicarpelar, con ovario súpero que frutifica nunha cápsula alongada de tres a cinco centímetros de lonxitude con dehiscencia valvar. Toda a planta produce un característico látex alaranxado ao que se lle atribúen propiedades curativas das espullas.[5]
As cápsulas do froito lembran a unha sílicua (ao abrírense caen as dúas valvas, ficando a zona das placentas coas sementes). As sementes son pequenas e negras, con arilo e eleosoma; este atrae as formigas, que espallan as sementes (zocoria).
Atópase en herbais, nitrófilos, en lugares sombrizos e frescos, especialmente en tapias, vertedoiros e muros vellos.
Planta orixinaria de Europa e da conca mediterránea. Tamén é común en Norteamérica, xa que foi introducida por colonos europeos, quen a usaban para curar as espullas xa en 1672. Toda a planta é tóxica, e contén varios alcaloides; pode causar dermatite, especialmente o zume.[6]
Utilízase a planta enteira e o látex. Polo seu contido en alcaloides posúe propiedades antiespasmódicas, coleréticas e colagogas, hipolipemiante (ac. chelidónico), sedante do SNC, hipnótica, analxésica e antitusivo de acción central. Antiasmáticas, antivírico e antimitótica (sanguinarina e chelidonina).
Utilízase en uso interno en disquinesias de vías biliares, bronquites, asma, tose irritativa, etc.
O seu zume é cáustico e utilízase en uso externo para axudar a pechar feridas e contra espullas, calos e tumores.
A grandes doses, a inxestión da planta fresca e do látex, provoca somnolencia, parálise das terminacións nerviosas sensitivas e bradicardia. Recoméndase administrala mesturada con outras plantas, nunca soa pola súa toxicidade e non administrala en doses elevadas durante moito tempo (citotóxico a grandes dose debido á coptisina).[7]
Chelidonium majus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 505–506. 1753.[8]
Chelidonium: nome xenérico que deriva do grego chelidon = (andoriña), de acordo con Maurice Mességué porque as andoriñas frengan con algunhas partes os ollos que non se abriron aínda nas máis pequenas. O látex cáustico abre as tonas da pel permitindo ver ás andoriñas. En galego é coñecida tamén co nome común de herba andoriña ou herba da andoriña[9], que antigamente se cría boa para as enfermidades dos ollos. Este uso medicinal, que tamén se chegou a aplicar ás propias andoriñas [10], vén da antiga crenza de que os polos de andoriña nacían cegos pero a nai curábaos ao lles refregaren os ollos cun anaco desta herba [11].
majus: epíteto latino que significa "o máis grande".[12]
A celidonia, ceruda ou herba da andoriña (Chelidonium majus), tamén coñecida como herba das espullas, herba leiteira, ciridonia ou ciridoña é unha planta herbácea perenne da familia das papoulas (Papaveraceae) de trinta a oitenta centímetros de altura, follas alternas de cor verde clara pola face e azulada polo revés, flores amarelas e froito en cápsula., que contén un zume cáustico usado en medicina Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC e DRAGÉ a única especie do xénero Chelidonium.
En Galicia usábase para sandar as espullas. Existen datos clínicos que suxiren que podería ser eficaz no tratamento da dermatitis atópica.