dcsimg

Queimacasas ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

O queimacasas[2] (Pachygrapsus marmoratus) é unha especie de cangrexo que vive no Mar Negro, no Mar Mediterráneo e nalgunhas partes do Océano Atlántico. É de cor violeta escuro, con vetas de amarelas, e ten un corpo de ata 36 milímetros de longo. É un animal omnívoro que se alimenta de algas e mexillóns. Tamén recibe o nome de cangrexo de Santo Antón.[3]

Descrición

O cangrexo corredor posúe a estrutura corporal típica dun cangrexo. O seu exoesqueleto é trapezoidal e de entre 22–36 milímetros. Os ollos sobresaen lixeiramente do corpo. As pinzas son desiguais e máis grandes nos machos que nas femias. Os catro pares de patas están provistas de pelos e están adaptadas a correr e trepar, pero non a nadar. A parte inferior do corpo ten unha cor pálida.

Hábitat e comportamento

 src=
Queimacasas entre as rochas.

Este cangrexo habita na zona rompente de cantís e costas rochosas. Non adoita habitar a máis de 2 metros de profundidade, e vive entre as fendas das rocas. A época de reprodución varía segundo o lugar onde habita. En Galicia reprodúcense en maio, pero no Mar Negro fano en xullo.

Notas

  1. Peter K. L. Ng, Danièle Guinot & Peter J. F. Davie (2008). "Systema Brachyurorum: Part I. An annotated checklist of extant Brachyuran crabs of the world" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 17: 1–286.
  2. "RAG". Consultado o 3 de xullo de 2013.
  3. recollido coma canghrêxo de San Antón en Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces ,M. do Carme Ríos Panisse, 1977, Universidade de Santiago, Verba anexo 7
licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Queimacasas: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

O queimacasas (Pachygrapsus marmoratus) é unha especie de cangrexo que vive no Mar Negro, no Mar Mediterráneo e nalgunhas partes do Océano Atlántico. É de cor violeta escuro, con vetas de amarelas, e ten un corpo de ata 36 milímetros de longo. É un animal omnívoro que se alimenta de algas e mexillóns. Tamén recibe o nome de cangrexo de Santo Antón.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician