dcsimg

Cadelucha ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician
«Coquina» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase Coquina (homónimos).
 src=
Cadelucha ou coquina.

A cadelucha, coquina ou navalliña (Donax trunculus, Linnaeus 1758; antes Donax vittatus, Pennant 1777) é un molusco bivalvo mariño da familia dos donácidos (Donacidae).

Morfoloxía

É un molusco bivalvo de pequeno tamaño (dun máximo de 4 cm) e aplastado. A cuncha é suave, lustrosa, de perfil ovalado pero co extremo posterior máis recortado que o anterior, de cor tostada verdosa ou parda clara, con bandas concéntricas máis claras. O interior é violáceo pero outras veces laranxa ou branco sucio. A marca do saco paleal é evidente e expresa un seo profundo. A marxe inferior da cuncha está finamente dentada.

Hábitat e distribución

Distribúese pola costa europea do Atlántico norte e no Mediterráneo. Vive en augas superficiais, ata uns 20 m de profundidade, ás penas enterrada na area.

É abundante nas rías galegas.

Interese pesqueiro e comercial

É unha especie comestible, máis no Levante e no interior que en Galicia. Segundo a Consellería de Pesca é unha pequena exquisitez ... que detrás do seu tamaño agacha un sabor cheo de matices.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Cadelucha: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician
«Coquina» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase Coquina (homónimos).  src= Cadelucha ou coquina.

A cadelucha, coquina ou navalliña (Donax trunculus, Linnaeus 1758; antes Donax vittatus, Pennant 1777) é un molusco bivalvo mariño da familia dos donácidos (Donacidae).

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician