Sitta frontalis é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae, os gabeadores. Distribúese ao longo do sur de Asia por Paquistán, a India e Sri Lanka e cara o leste e sur de China e Indonesia.[2][3][4][5][6]
É unha especie que vive en todo tipo de bosques da súa área, aínda que o bosque de folla perenne aberto é o seu hábitat óptimo.
Ten a capacidade, igual que outros gabeadores, de gabear polas árbores, incluso descendendo cabeza abaixo, a diferenza dos petos que só pode escalalos. Aliméntase activamente de insectos e arañas, e pode encontrarse alimentándose en bandadas con outros paseriformes.
A especie é un típico gabeador de cor azul con cabeza grande, cola curta e bico e pés prominentes. Chega a medir 12,5 cm de longo e é de cor azul violáceo nas partes superiores, con cara de cor lavanda, partes inferiores de cor beige e unha gorxa abrancazada. O bico é de cor vermella moi distintivo, único caso desa cor na familia, e ten unha mancha negra na fronte.
O macho ten unha lista superciliar negra, pero as femias carecen dela e teñen unha cor más cálida na rexión inferior. Os xoves son versións máis apagadas do adulto. Hai catro variacións diferentes de sombreado das partes inferiores e a extensión do branco na gorxa tamén varía.
Os niños están en buratos ou gretas de árbores, forrados de musgo, pelame e plumas ou herbas. Ocasionalmente, este gabeador necesita agrandar o burato, pero se o burato é moi grande pode reducir o tamaño da súa entrada construíndo unha parede de barro. A femia pon de tres a seis ovos brancos, salferidos de vermello.
É un paxaro ruidoso, xa que a súa chamada consta dun repetido «sit-sit-sit».
Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional[2] e Alan P. Peterson,[7] existen cinco subespecies:
|data-acceso=
require |url=
(Axuda) |data-acceso=
require |url=
(Axuda) Sitta frontalis é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae, os gabeadores. Distribúese ao longo do sur de Asia por Paquistán, a India e Sri Lanka e cara o leste e sur de China e Indonesia.