A lixa negra,[1] Centrophorus squamosus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que se distribúe polo Atlántico oriental, desde Islandia até o cabo da Boa Esperanza; polo océano Índico occidental e polo oeste do Pacífico, nas costas de Honshu (Xapón), Filipinas, sueste de Australia e Nova Zelandia.
De até 158 cm de lonxirtude máxima, ten dúas aletas dorsais con espiñas, a primeira relativamente baixa e longa, carecendo de aleta anal. Os ollos son grandes, e a pel, áspera.
Vive a entre os 230 e os 2.360 m de profundidade, pero polo xeral por debaixo dos 1.000 m. Aliméntase de peixes, cefalópodos e camaróns. A súa reprodución é ovovivípara, parindo as femias un máximo de 5 crías por camada.
Segundo a UICN, o seu estado de conservación é de especie vulnerábel.[2]
A especie está citada en augas próximas a Galicia[3], predominando cinco veces os machos sobre as femias nas capturas [4].
A lixa negra, Centrophorus squamosus, é unha especie de tiburón da familia dos centrofóridos que se distribúe polo Atlántico oriental, desde Islandia até o cabo da Boa Esperanza; polo océano Índico occidental e polo oeste do Pacífico, nas costas de Honshu (Xapón), Filipinas, sueste de Australia e Nova Zelandia.